InicioPOLÍTICAO BNG acusa o PP de usar O Son do Camiño para...

O BNG acusa o PP de usar O Son do Camiño para desprestixar as festas tradicionais de Santiago

Míriam Louzao critica que o concelleiro Adrián Villa compare ‘O Son do Camiño’ coas festas tradicionais da cidade e advirte do custe público do festival

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz municipal do BNG en Santiago, Míriam Louzao, cargou este mércores contra o Partido Popular tras a difusión dun vídeo no que o seu portavoz municipal, Adrián Villa, compara o festival O Son do Camiño coas festas tradicionais da cidade. Para Louzao, a peza audiovisual publicada polo PP “retrata unha forma de actuar irrespectuosa e arrogante” e supón unha utilización das institucións municipais con fins partidistas.

Segundo afirmou, o vídeo protagonizado por Villa non só busca o “beneficio político” do PP local, senón que tamén “despreza” o traballo cultural continuado que se desenvolve na cidade. Para a nacionalista, non é equiparable un evento masivo, “financiado con recursos públicos exorbitados e orientado ao negocio de grandes empresas”, coas festas populares compostelás, organizadas en clave comunitaria e cun forte vínculo co tecido cultural da cidade.

Louzao criticou tamén que, na súa mensaxe, o concelleiro popular ignorase os custos que o macrofestival supón para o Concello de Santiago, en materia de seguridade, limpeza e transporte. “Pagámolo todos e todas”, lembrou, ao tempo que botou en falta un chamamento por parte do PP á responsabilidade das empresas organizadoras e do público para evitar molestias ao conxunto da veciñanza.

O grupo municipal do BNG advertiu que non é aceptábel que un representante da corporación desprece desde o seu cargo institucional as políticas culturais da cidade, nin se presente como “experto musical” sen base para iso.

Louzao concluíu a súa crítica afirmando que o PP “compra cultura ao peso” e ignora o traballo de numerosos colectivos e artistas locais que ofrecen propostas culturais ao longo de todo o ano e que non teñen cabida nos macrofestivais financiados con fondos públicos. “Nin ética nin estética”, sentenciou, en referencia á actuación do PP e do seu concelleiro.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here