InicioCULTURAGoretti Sanmartín inaugura o 18º Certame Intercentros de Danza con 223 participantes

Goretti Sanmartín inaugura o 18º Certame Intercentros de Danza con 223 participantes

A alcaldesa destacou o valor educativo e emocional da danza e animou a darlle continuidade máis alá da infancia

Publicado o

Xornal de Compostela

O Auditorio de Galicia acolleu este domingo a apertura do 18º Certame Municipal Intercentros de Danza, un encontro anual que reúne alumnado de distintos centros educativos de Santiago arredor desta disciplina artística. Na apertura institucional a alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, puxo en valor o papel da danza como ferramenta de desenvolvemento persoal e colectivo.

Sanmartín subliñou que a práctica desta arte supón “superación persoal, esforzo e coñecemento do corpo, autoestima, orgullo e capacidade de traballo e equipo”. Ademais, fixo un chamamento a que esta disciplina continúe presente ao longo de toda a vida, máis alá das etapas escolares: “Hai destrezas que practicamos sempre, como a lectura, e outras que moitas veces se abandonan despois da infancia, como ocorre coa danza. Debemos romper con esa tendencia”.

O festival, organizado coa colaboración da Concellaría de Educación, que dirixe Míriam Louzao, reuniu nesta edición un total de 223 bailaríns e bailarinas pertencentes a oito centros educativos do municipio. A iniciativa forma parte da programación municipal de actividades escolares destinadas a promover a creatividade, a expresión corporal e a participación artística entre a mocidade.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here