InicioDEPORTESConxo dálle a saída ao novo circuíto CorreSan cunha participación récord

Conxo dálle a saída ao novo circuíto CorreSan cunha participación récord

O barrio acolle a primeira proba do circuíto cun ambiente festivo marcado polo centenario da súa anexión a Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

Conxo converteuse este domingo no punto de partida da edición 2025 do circuito CorreSan, que combina deporte e vida nos barrios de Compostela. A cita congregou a 773 atletas inscritos, segundo anunciou a organización ao comezo da proba, e decorreu cunha alta participación veciñal e ambiente festivo, coincidindo co centenario da anexión do antigo concello de Conxo a Santiago.

A carreira, que celebra a súa segunda edición neste barrio, abriu un calendario que incluirá outras catro probas ata novembro. A concelleira de Deportes de Santiago, Pilar Lueiro, expresou a súa satisfacción polo desenvolvemento da xornada e destacou a consolidación da cita: “Isto vai medrando ano a ano e a verdade é que é un gustazo”. Tamén agradeceu o labor das persoas implicadas na organización, sinalando que “aquí hai moita xente traballando detrás” para facer posible este evento deportivo.

A presidenta da Asociación de Veciños Conxo Aberto, Eva Armental, salientou o significado especial desta edición da CorreSan: “Conxo cumpre 100 anos sen concello. Santiago gañou moito, pero Conxo tamén gañou moito”. A representante veciñal defendeu a inclusión do deporte dentro das actividades conmemorativas do centenario, asegurando que “dá gusto ver a praza chea de deportistas” e que “o deporte ten fundamento e con moito cariño acolléndoo”.

A proba de Conxo é a primeira das cinco que compoñen o Circuito CorreSan 2025, unha iniciativa municipal que pretende fomentar o exercicio físico entre a cidadanía e achegar o atletismo popular aos distintos barrios da cidade. As próximas citas terán lugar no Casco Histórico (12 de xullo), na Ruta dos Parques (14 de setembro), en San Pedro (11 de outubro) e finalmente en Angrois, na Ruta da Prata (15 de novembro).

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here