InicioSANTIAGOAMESO BNG de Ames acusa o alcalde de vulnerar o regulamento do...

O BNG de Ames acusa o alcalde de vulnerar o regulamento do Pleno municipal

A formación reclama que se respecten os tempos e quendas de intervención establecidos polo ROM

Publicado o

Xornal de Compostela

O grupo municipal do BNG de Ames vén de denunciar publicamente o que considera un incumprimento reiterado do Regulamento Orgánico Municipal (ROM) por parte do alcalde, ao que acusan de non garantir un funcionamento democrático e equitativo do Pleno. A voceira nacionalista, Escarlata Pampín, advertiu de que “a negativa do alcalde a respectar o regulamento non só supón unha falta de respecto aos grupos da oposición, senón que deteriora gravemente o funcionamento democrático da Corporación e o dereito da veciñanza a unha representación política xusta e transparente”.

A formación esixe ao rexedor que cumpra e faga cumprir o ROM, vixente desde o ano 2016, no que se regulan os tempos de intervención e a orde das quendas no Pleno. Segundo lembra Pampín, a normativa establece criterios “obxectivos e igualitarios” para a participación dos distintos grupos, polo que non se pode permitir unha interpretación partidista por parte da presidencia da sesión plenaria.

Desde o BNG denuncian que o alcalde estaría intervindo de forma discrecional na distribución dos tempos de palabra, o que, ao seu xuízo, distorsiona o debate político no principal foro institucional do concello. “A presidencia do Pleno non pode actuar en función de intereses partidistas, xa que ‘o que parte e reparte, quédase coa mellor parte’, e iso non é admisible nunha institución democrática”, sinalan.

A formación nacionalista insiste en que o Pleno debe ser “o espazo central do debate político no Concello”, polo que urxe a recuperar uns procedementos transparentes e respectuosos cos dereitos da oposición, en lugar de prácticas que —segundo denuncian— minan a confianza da cidadanía nas institucións.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Garda Civil detén dúas persoas por roubos en garaxes comunitarios do Milladoiro

A Garda Civil, coa colaboración da Policía Local de Ames, detivo dúas persoas e...

Ángel Carracedo ingresará como académico de número na Real Academia Nacional de Medicina

O profesor Ángel Carracedo, veciño da parroquia amesá de Bugallido, foi elixido novo académico...

O BNG reclama á Xunta un plan urxente para corrixir as deficiencias estruturais dos centros educativos de Ames

A deputada do BNG no Parlamento galego, Saleta Chao, reclamou á Consellería de Educación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here