InicioPOLÍTICABouza proclama un PSOE unido e ambicioso tras pecharse o prazo de...

Bouza proclama un PSOE unido e ambicioso tras pecharse o prazo de candidaturas en Santiago

O secretario xeral compostelán defenderá a súa continuidade á fronte da agrupación local cunha única lista que integrará todas as sensibilidades do partido

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O PSOE compostelán inicia unha nova etapa baixo a continuidade de Aitor Bouza como único candidato á Secretaría Xeral da agrupación local. Media hora despois de pecharse o prazo de presentación de candidaturas, o actual líder socialista comparecía en rolda de prensa para confirmar que encabeza a única candidatura rexistrada e que será proclamada oficialmente na asemblea prevista para mañá, sábado 7 de xuño.

Bouza asegurou que a súa proposta “non representa só unha persoa, senón a todo o partido”, e destacou que a nova executiva municipal incorpora membros de “todas as sensibilidades” da militancia. Segundo indicou, trátase dun equipo que aposta por continuar co proceso de renovación iniciado en outubro de 2023 tras a crise interna vivida no seo da agrupación.

Durante a súa intervención, o secretario xeral destacou que “o Partido Socialista da cidade está hoxe máis forte e cohesionado“, tras un ano e medio de traballo centrado na “reconstrución interna” e na apertura da sede á participación. Bouza afirmou que agora o obxectivo é recuperar a confianza cidadá cun proxecto “ambicioso, crible e compartido cos barrios, asociacións e entidades” da cidade.

A nova etapa busca consolidar a coordinación co grupo municipal, actualmente composto por dous edís, Gumersindo Guinarte e Marta Aval, aos que Bouza agradeceu expresamente o seu traballo. Tamén puxo en valor a mellora do clima interno, que definiu como “radicalmente oposto” ao vivido anteriormente, e que permite “tomar as decisións en conxunto” entre a dirección orgánica e os cargos institucionais.

Bouza fixo fincapé en que o seu único “pacto” é coa veciñanza de Santiago e sinalou a súa intención de contrapoñer o proxecto socialista ao que cualificou como unha “falta de propostas sólidas” por parte do goberno municipal liderado por Goretti Sanmartín. Así mesmo, comprometeuse a abordar cuestións que considera prioritarias, como a crise de vivenda, a saturación dos servizos públicos ou o abandono do rural.

En resposta ás preguntas dos medios, Bouza subliñou que a existencia dunha soa candidatura é “un reflexo do apoio maioritario da militancia” e un sinal de “unidade” nun momento que considera clave para o futuro do partido na cidade. Segundo avanzou, os nomes da nova executiva faranse públicos mañá durante a asemblea, respectando así os tempos internos.

Para o líder socialista, esta etapa non é só unha continuidade, senón tamén “un punto de inflexión para relanzar o PSOE en Santiago” e facelo “referente dunha cidade que necesita volver situarse na vangarda política e social”.

ÚLTIMAS

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

O Atardecer no Gaiás reúne 15.000 persoas e pecha a súa segunda edición con máis público

O ciclo Atardecer no Gaiás congregou 15.000 persoas na súa edición de 2026, segundo...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

Rosón esixe ao Concello toda a documentación sobre Fly2Galicia e acusa o goberno de non revisar a operativa

A concelleira non adscrita de Santiago Mercedes Rosón reclamou ao goberno municipal que faga...

Verea tira de ironía ante o choque no bipartito pola polémica de Fly2Galicia: “Que pasa, bro?”

Compostela Aberta (CA), socio do BNG no Goberno municipal de Santiago, expresou este venres...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here