InicioMOV. SOCIAISSantiago impulsa a formación contra incendios con visitas escolares e actividades para...

Santiago impulsa a formación contra incendios con visitas escolares e actividades para toda a cidadanía

A 'Semana da Prevención de Incendios' céntrase en ensinar á poboación, especialmente á infancia, como actuar ante situacións de risco

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago de Compostela acolle esta semana unha nova edición da Semana da Prevención de Incendios, unha iniciativa organizada polos Bombeiros de Santiago coa colaboración da Fundación Mapfre e da Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB). A actividade, que xa leva vinte edicións, céntrase en achegar á cidadanía ferramentas para previr e actuar fronte a situacións de emerxencia, facendo especial fincapé nos colectivos máis vulnerables.

Durante as mañás, o programa está especialmente dirixido aos centros escolares da cidade, con centos de alumnos e alumnas participando en sesións formativas nas instalacións do parque de bombeiros. Polas tardes, as actividades ábrense ao público xeral. Segundo destacou o concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, trátase de “concienciar e ensinar particularmente ás crianzas, que son a canle para levar estes coñecementos aos fogares”.

Manuel Sanmartín, xefe do servizo de bombeiros compostelán, lembrou que o número de vítimas por incendios segue a ser preocupante: “No ano 2023 houbo 249 mortes por lume, 173 delas en vivendas, e 18 en Galicia”. Neste contexto, considerou imprescindible que “as persoas saiban como reaccionar na casa ante un sinistro para saír da mellor maneira posible”.

Pola súa banda, Alejandro García, da APTB, fixo fincapé na necesidade de “formar en autoprotección, sobre todo a nenos, maiores e persoas con discapacidade”, combinando teoría e práctica para que aprendan a detectar riscos e adoptar medidas de prevención eficaces.

Desde a Fundación Mapfre, Constantino Bargo explicou que a participación nesta iniciativa responde ao interese común por reducir o número de vítimas e facilitar o labor dos servizos de emerxencias. “Este tipo de formación facilita moito a intervención dos bombeiros e mellora a seguridade da veciñanza”, indicou.

A actividade desenvolverase ao longo de toda a semana, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, con espazos interactivos, demostracións e visitas guiadas ao parque. A organización convida a todas as persoas a achegarse e participar, facendo da prevención unha responsabilidade compartida.

ÚLTIMAS

A Policía investiga un novo roubo na tenda de Apple da avenida de Barcelona

A Policía Nacional de Santiago de Compostela abriu unha investigación para esclarecer un roubo...

CompostELA chega a Santiago con 70 peregrinos para dar visibilidade á ELA

Un grupo de 70 integrantes de CompostELA chegou este xoves a Santiago de Compostela...

Rozas defende que Santiago xestione directamente os fondos estatais de vivenda

A tenenta de alcaldesa de Santiago, María Rozas, defendeu que o Concello poida xestionar...

O Compostela Street regresa ao Campus Sur con tres días de deporte, arte urbana e concertos

O Compostela Street celebrará a súa segunda edición os días 18, 19 e 20...

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago,...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here