InicioSANTIAGO(FOTOS) Así deu comezo a selectividade en Compostela: nervios e críticas ante...

(FOTOS) Así deu comezo a selectividade en Compostela: nervios e críticas ante o novo modelo de exame

A nova estrutura da proba, común para todas as materias, estreouse este martes entre críticas do alumnado e incerteza sobre os resultados

Publicado o

Xornal de Compostela

A convocatoria ordinaria da Proba de Acceso á Universidade (PAU) deu comezo este martes 3 de xuño en Galicia con 12.946 estudantes matriculados, dos cales 2.692 acoden a Santiago de Compostela, un dos puntos con maior concentración xunto con Vigo e A Coruña. Os exames estenderanse ata o xoves 5 e por vez primeira aplican un novo modelo común en todas as materias, deixando atrás as fórmulas máis flexibles introducidas durante a pandemia.

Na comarca compostelá, o maior volume de alumnado concéntrase nas facultades do campus sur, como Comunicación, Psicoloxía ou Bioloxía, onde se examinan mozos e mozas de centros como o IES Rosalía de Castro (Santiago), IES Cacheiras (Teo), IES Terra de Xallas (Santa Comba), Macías o Namorado (Padrón) ou IES da Pobra do Caramiñal. A sesión matinal arrincou ás 9:00 co reparto de indicacións e ás 10:00 tivo lugar o primeiro exame, Lingua Castelá e Literatura II.

O novo modelo de PAU, impulsado polo Ministerio de Educación e pactado por varias comunidades autónomas, entre elas Galicia, implica a desaparición dos modelos A e B, que ata o curso pasado permitían elixir entre exercicios diferentes. Agora, cada proba consta de catro preguntas, das cales a primeira é obrigatoria e as restantes ofrecen varios apartados a escoller.

A aplicación inmediata destes cambios xerou malestar entre o estudantado, que lamenta a falta de materiais para prepararse con garantías. “Non puidemos practicar apenas con exames similares”, comenta Manuel Dopazo, estudante do IES Rosalía de Castro, quen aspira a estudar Enxeñaría Informática. “Foi un cambio abrupto e sen transición”, engade. A súa compañeira Martina Domínguez, interesada en Relacións Internacionais, recoñece sentirse “moi nerviosa” antes da proba inicial, sentimento compartido pola maioría do alumnado ás portas dos centros.

A xornada do martes complétase con exames como Historia de España ou Filosofía, Bioloxía, Física ou segundas linguas estranxeiras. O mércores e o xoves será a quenda de materias como Matemáticas II, Lingua Galega e Literatura, Química ou Debuxo Técnico II, ata a conclusión das probas, prevista para o xoves ás 13:00. Os resultados estarán dispoñibles a partir do 12 de xuño.

A pesar das queixas, hai tamén quen encara o reto con máis serenidade. “Lévoo ben preparado”, aseguraba Xabier Trillo, tamén do Rosalía de Castro, que confía en acceder ao mesmo grao que Dopazo. Mentres, os docentes e orientadores advirten dunha posible baixada nas cualificacións, o que podería repercutir nas notas de corte das carreiras universitarias.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here