InicioSOCIEDADEOutorgada a licenza municipal para a reforma da Facultade de Medicina no...

Outorgada a licenza municipal para a reforma da Facultade de Medicina no medio da polémica suscitada pola UDC ao reclamar a titulación

A primeira fase executarase en oito meses

Publicado o

Xornal de Compostela

A xunta de goberno do Concello de Santiago outorgou a licenza para a obra da reforma interior da Facultade de Medicina a solicitude da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Este proxecto, realizado por Elizabeth Abalo Díaz e Gonzalo Alonso Núñez, ten un orzamento de 28 millóns de euros. A reforma integral do edificio organizarase en sete fases para compatibilizar a obra co funcionamento do centro.

A primeira fase afectará á á este da fachada principal, fronte a rúa de San Francisco. Unha vez finalizada quedarán acondicionadas unha área de simulación, varias aulas, o salón de graos, os accesos do salón de actos, a biblioteca, o decanato e a zona administrativa. A obra desta primeira parte executarase en oito meses, cun orzamento de máis de 2,5 millóns de euros. A USC proponse cambiar a organización espacial do edificio cunha distribución departamental e outra por áreas funcionais que se reflicte nas diferentes plantas.

Entre outras cuestións, mantense a área institucional na zona norte e a cafetaría no soto e localízanse de forma lixeiramente independente a área de Anatomía e o Instituto de Medicina Legal (Imelga), por ter certo carácter departamental e necesitar accesos específicos. O resto das áreas funcionais distribuiranse polas plantas, con maior ocupación no baixo.

O acceso institucional permanecerá pola entrada principal, ademais de que se cambiarán as carpintarías e haberá unha recuperación da altura orixinal do vestíbulo para reforzar o carácter representativo. Prevense novas comunicacións verticais, que funcionarán ao mesmo tempo como escaleiras de emerxencia e protección contra incendios. Así mesmo incorporarase un muro técnico que recorrerá a espiña dorsal do edificio para conectar todos os pisos vertical e horizontalmente e resolver as instalacións e o almacenamento.

EDIFICIO DE CASE 100 ANOS

O edificio da Facultade de Medicina rematouse en 1928 sobre un proxecto de 1910 asinado polos arquitectos Fernando Arbós e Tremanti e Isidro de Benito. Situouse na parte posterior do por entón Hospital Real. A súa arquitectura respondía os valores do movemento hixienista. O edificio tivo varias reformas, a de maior calado na década dos 60. A actual obra afectará a máis de 5.900 metros cadrados.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...