InicioPOLÍTICAO PSdeG propón para o pleno do 3 de xuño unha moción...

O PSdeG propón para o pleno do 3 de xuño unha moción contra a LGTBIfobia

Guinarte reclama unha resposta institucional unánime fronte ao aumento dos discursos de odio en Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela levará ao Pleno do vindeiro 3 de xuño unha moción con motivo do Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia, co obxectivo de facer fronte á crecente presenza de condutas LGTBIfóbicas e reforzar a defensa dos dereitos do colectivo desde o eido municipal.

Segundo explicou o seu voceiro, Gumersindo Guinarte, a intención é que esta moción poida ser asumida por todos os grupos e pase a ser unha declaración institucional. ‘Parécenos que sería o lóxico e o razoable nun momento en que as condutas e os comportamentos de odio están campando de xeito inasumible e inaceptable nunha sociedade que debe ser tolerante como a nosa’, afirmou.

A proposta inclúe medidas concretas que van desde o reforzo dos servizos de atención ás vítimas ata o lanzamento de campañas de sensibilización promovidas polo Concello. Tamén se contempla a formación específica da Policía Local en materia de diversidade sexual e de xénero, así como a incorporación de contidos sobre diversidade LGTBIQ+ tanto nos centros educativos como nas bibliotecas públicas da cidade.

Alén do ámbito municipal, o grupo socialista tamén dirixe demandas á Xunta de Galicia, á que instan a incrementar os recursos humanos e económicos destinados á aplicación efectiva da Lei autonómica LGTBIQ+. Entre as peticións inclúense tamén a elaboración de informes anuais sobre o impacto dos discursos de odio e que a administración galega actúe como acusación particular nos casos máis graves de agresións contra persoas LGTBIQ+.

“A defensa dos dereitos LGTBIQ+ non admite ambigüidades. As administracións locais debemos ser firmes á hora de responder e anticiparnos aos discursos de odio que, por desgraza, están a medrar co aval dalgunhas forzas políticas”, subliñou Guinarte, alertando da necesidade dunha acción coordinada e contundente.

A través desta moción, o PSdeG busca impulsar un compromiso institucional que consolide a imaxe de Santiago como unha cidade “aberta e plural”, facendo un chamamento ao resto da Corporación a sumarse a unha resposta conxunta que estea “á altura do que espera a cidadanía”. O debate no Pleno servirá, en palabras do grupo socialista, para reafirmar a defensa activa dunha sociedade libre de discriminacións.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here