InicioMOV. SOCIAISSumar Galicia reclama á Xunta que manteña o Máster en Matemáticas da...

Sumar Galicia reclama á Xunta que manteña o Máster en Matemáticas da USC

A formación critica que o seu peche suporía un retroceso para a ciencia galega e denuncia o desvío de recursos públicos cara ás universidades privadas

Publicado o

Xornal de Compostela

Movemento Sumar Galicia vén de instar ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a garantir o mantemento do Máster Universitario en Matemáticas da USC. A organización alerta de que a posible desaparición deste título suporía un golpe directo á ciencia e á investigación en Galicia.

Segundo explicou a secretaria comarcal de Sumar en Compostela, Luisa Pasín, o mestrado representa un piar esencial do ecosistema académico e científico galego, polo seu papel na formación avanzada e na xeración de coñecemento. “A matemática é unha ferramenta básica para a ciencia, para a tecnoloxía, para o mundo empresarial”, afirmou, advertindo de que a súa eliminación empobrecería os programas de doutoramento e reduciría a capacidade da USC para atraer talento e proxectos de investigación.

Dende Sumar Galicia critícase que a Xunta estea a aplicar criterios cuantitativos de curto prazo, como a ratio de alumnado, sen ter en conta a importancia estratéxica da formación matemática. “É unha decisión política: declarar a singularidade para que non se aplique a ratio”, sosteñen, en referencia á posibilidade de excepcionar determinados títulos por razóns de interese científico ou social.

A formación asegura que a Xunta está a favorecer o avance da educación privada en detrimento da universidade pública. “Non imos ser cómplices do desmantelamento da USC para favorecer os novos chiringuitos privados que están a impulsar PP e PSOE”, declarou Pasín, quen pediu un compromiso firme por parte do goberno galego para asegurar a continuidade do máster.

Sumar Galicia remarca que este programa é unha peza clave para o futuro científico do país e considera que existen sobrados motivos para declarar a súa singularidade e garantir o seu funcionamento máis aló dos criterios estritamente numéricos.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here