InicioPOLÍTICAO PSdeG acusa ao Goberno local de inacción pola falta de avances...

O PSdeG acusa ao Goberno local de inacción pola falta de avances na venda de parcelas e o abandono do Parque de Carlomagno

Os socialistas levarán ao Pleno dúas iniciativas sobre os orzamentos municipais e o mantemento de espazos públicos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela presentará no Pleno do vindeiro 3 de xuño dúas iniciativas co obxectivo de visibilizar o que consideran unha inacción do Goberno local en dous ámbitos que cualifican de estratéxicos para o futuro da cidade: a venda de parcelas municipais incluídas no orzamento de 2025 e o estado de abandono do Parque de Carlomagno, no barrio das Fontiñas.

A primeira das propostas, formulada en forma de pregunta pola concelleira Marta Abal, pon o foco na falta de avances na venda de catro parcelas de titularidade municipal, previstas para este exercicio como fonte de financiamento dos investimentos recollidos nas contas locais. Segundo sinala o PSdeG, a estimación de ingresos pola venda destes terreos ascende a 5,8 millóns de euros, o que representa preto do 50 % do capítulo de investimentos do orzamento de 2025.

‘Se esas parcelas non se venden este ano, proxectos como a cociña central para os comedores escolares ou a compra de inmobles para servizos públicos non se van poder executar’, advertiu Marta Abal, quen denunciou que a día de hoxe non se iniciou sequera o procedemento de licitación. Os socialistas cualifican esta situación de irresponsabilidade grave, ao considerar que se están comprometendo actuacións sen garantir o financiamento necesario.

A segunda iniciativa, neste caso en forma de rogo, céntrase na situación do Parque de Carlomagno, espazo verde situado no barrio de Fontiñas. Segundo denunciou tamén Marta Abal, o parque atópase nun estado de mantemento deficiente, con zonas nas que ‘a herba chega, literalmente, á altura dos xeonllos’. Para o grupo socialista, esta situación transmite unha sensación de descoido por parte do Concello, polo que instan ao Goberno de Sanmartín a adoptar medidas urxentes para garantir o coidado regular do parque.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here