InicioPOLÍTICAO PSOE local solicita explicacións polo deterioro do aparcadoiro de Xoán XXIII...

O PSOE local solicita explicacións polo deterioro do aparcadoiro de Xoán XXIII e pide prazos de rehabilitación

O grupo socialista levará ao Pleno do 3 de xuño unha pregunta sobre os danos estruturais aparecidos na plataforma, que consideran un espazo clave para a cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela formulará no Pleno ordinario do vindeiro 3 de xuño unha pregunta dirixida ao Goberno local sobre o estado de deterioro que presenta a plataforma do aparcadoiro de Xoán XXIII. Así o anunciou o portavoz do grupo, Gumersindo Guinarte, quen alertou da aparición de danos estruturais significativos, especialmente no muro erguido durante a última intervención no espazo.

Segundo Guinarte, durante o anterior mandato executáronse obras de restauración e posta en valor da plataforma co obxectivo de mellorar a súa integración urbana e a súa utilidade como espazo público. Porén, nos últimos meses detectáronse degradacións notables, que preocupan ao grupo socialista tanto polo seu impacto visual como polos posibles riscos para a seguridade da cidadanía.

Ante esta situación, o PSOE local pide ao executivo de Goretti Sanmartín que aclare se coñece a orixe e a autoría dos danos e que especifique os prazos previstos para a súa reparación. “Queremos saber que está a pasar neste espazo, quen ou que provocou os desperfectos, e, sobre todo, cando se van solucionar para que a plataforma recupere o seu estado anterior”, sinalou o portavoz socialista.

O grupo considera que non actuar con celeridade podería agravar o problema, ademais de comprometer o uso cotián deste punto neurálxico de acceso ao centro histórico, situado nunha das principais portas de entrada para visitantes e residentes.

O aparcadoiro de Xoán XXIII é unha infraestrutura clave tanto desde o punto de vista da mobilidade urbana como polo seu potencial como espazo de uso cidadán. Por iso, os socialistas reclaman unha intervención rápida que evite que a situación continúe deteriorándose.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O PSdeG reclama definir o destino dos ingresos da taxa turística no orzamento municipal de 2026

O Grupo Municipal Socialista en Santiago trasladará ao pleno deste mes de abril a...

O Goberno local atribúe a problemas técnicos o atraso nas bolsas de comedor

O Goberno local de Santiago respondeu ás críticas formuladas polo Partido Popular sobre o...

O PP denuncia cinco meses de atrasos nos pagamentos das bolsas de comedor e actividades en Santiago

O concelleiro do Partido Popular en Santiago, Borja Rubio, denunciou este martes en rolda...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here