InicioDEPORTESA Praza do Obradoiro convértese nunha cancha de baloncesto con máis de...

A Praza do Obradoiro convértese nunha cancha de baloncesto con máis de 350 participantes no circuíto 3×3 CaixaBank

O evento deportivo urbano máis grande do Estado celebra a súa xornada compostelá con actividades inclusivas e unha campaña solidaria

Publicado o

Xornal de Compostela

A Praza do Obradoiro acolleu este sábado unha nova xornada do Circuíto 3×3 CaixaBank, o maior torneo estatal de baloncesto urbano gratuíto, coa participación de máis de 350 persoas e 89 equipos chegados de diferentes puntos de Galicia. A cita, organizada coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto e patrocinada por CaixaBank, encheu o centro histórico de Santiago dunha intensa actividade deportiva, con xogos, adestramentos e concursos para todas as idades.

A alcaldesa Goretti Sanmartín participou no acto institucional da xornada, no que destacou o valor deste tipo de iniciativas como espazos para traballar a igualdade, a diversidade e a inclusión a través do deporte. Na súa intervención, agradeceu o compromiso das entidades organizadoras e animouse incluso a facer un lanzamento ao aro.

Acompañándoa estiveron tamén a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, e representantes da entidade bancaria, como Susana Fernández, directora xeral, e María Jesús García Piñeiro, directora de Institucións en Galicia.

Baixo o lema “Cancha para todxs”, o circuíto promove unha práctica deportiva sen barreiras de idade, xénero ou condición física. O programa incluíu actividades específicas para persoas maiores, xogos para crianzas e espazos de lecer para a mocidade, convertendo o Obradoiro nun escenario de convivencia e celebración en torno ao baloncesto.

Un dos momentos máis esperados foi a campaña #TriplaSolidaria, na que cada triplo anotado polos asistentes contribuíu a alcanzar o obxectivo de 1.000 canastras por cidade, que se transformarán nunha doazón económica da Fundación “la Caixa”. Neste caso, os fondos recadados destinaranse á Fundación Andrea, que traballa co apoio a nenos e nenas con enfermidades de longa duración.

A xornada contou ademais coa presenza do xogador profesional Javier Beirán, que participa como embaixador do circuíto, ofrecendo exhibicións e animando á participación cidadá. Dende a organización destacouse a simboloxía de levar o baloncesto ao corazón de Santiago, nun lugar tan emblemático como a Praza do Obradoiro, e animouse a continuar promovendo eventos que combinen deporte, valores e compromiso social.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Santiago acolle este sábado o 26º Duatlón Cidade de Santiago con preto de 600 participantes

O Concello de Santiago presentou unha nova edición do Duatlón Cidade de Santiago, que...

A SD Compostela empata co Atlético Coruña e perde vantaxe no liderado en San Lázaro

A SD Compostela mantense na primeira posición da táboa tras empatar 2-2 fronte ao...

O Compos impónse ao Arousa na Lomba e recupera o liderado cun dobrete de Guisande

O SD Compostela conseguiu un triunfo de relevancia na Lomba tras vencer por 0-2...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here