InicioECONOMÍAMobilización do persoal de limpeza do CHUS para denunciar os incumprimentos de...

Mobilización do persoal de limpeza do CHUS para denunciar os incumprimentos de convenio laboral

. Nunha nota de prensa lembraron que este xoves terá lugar outra concentración ás portas do Clínico ás 19.00 horas.

Publicado o

Xornal de Compostela

O persoal de limpeza do Complexo Hospitalario Universitario De Santiago de Compostela (CHUS) concentrouse este martes ás portas do hospital para denunciar os “constantes incumprimentos” de convenio e para expor tamén as “condicións infrahumanas” dos vestiarios.

Neste sentido, as traballadoras da limpeza do CHUS, servizo externalizado a través da empresa concesionaria Ilunión, alertaron tamén de “a negativa da empresa” a convocar as prazas baleiras, “unha redución de persoal que supón a sobrecarga constante das traballadoras activas”.

Respecto das condicións dos vestiarios, aseguraron que estes levan 25 anos sen remodelarse, “a pesar de duplicarse hai anos o número de persoas que fan uso deles”. Cabe sinalar que Ilunión convocou á representación do persoal a unha reunión, pero non lograron chegar a un acordo.

Con todo, as traballadoras advertiron de que “non van cesar” as mobilizacións “se non se solucionan estes problemas que só empeoran co paso do tempo”. Nunha nota de prensa lembraron que este xoves terá lugar outra concentración ás portas do Clínico ás 19.00 horas.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...