InicioSANTIAGOO Concello inicia as obras de reurbanización na rúa Puente la Reina

O Concello inicia as obras de reurbanización na rúa Puente la Reina

A actuación, cun orzamento de case 400.000 euros, transformarase en cinco meses para mellorar a accesibilidade, o tráfico e o espazo peonil

Publicado o

Xornal de Compostela

O goberno municipal de Santiago deu luz verde á reurbanización da rúa Puente la Reina, situada no barrio de Vista Alegre, cun investimento de 394.536,54 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de cinco meses. A empresa encargada da obra será ALCOMTE GALICIA SL, segundo se aprobou na xunta de goberno local do pasado 24 de marzo.

A intervención foi deseñada para reorganizar os usos do espazo urbano, prestando especial atención ao tránsito peonil, a mellora da accesibilidade, a pacificación do tráfico e a incorporación de infraestruturas verdes. A superficie afectada alcanza os 1.415 metros cadrados e a obra dividirase en dúas fases.

Un dos principais obxectivos é recuperar espazo público para a convivencia veciñal, reducindo o ancho do vial e ampliando as beirarrúas. Tamén se crearán dous pasos de peóns elevados, reorganizarase o aparcadoiro e instalarase unha faixa continua de arboredo. Nese espazo organizarase tamén o mobiliario urbano e colocaranse os contedores de lixo.

En canto ás redes de servizos, renovarase por completo a rede de saneamento, que pasará a ser separativa para augas pluviais e residuais, conectándose co sistema da rúa Batalla de Clavijo. Tamén se contempla o soterramento da cablaxe aérea de telecomunicacións e electricidade, e o desdobre da instalación de gas para facilitar futuras acometidas.

Antes do inicio da obra, o concelleiro de Vías e Obras, Xesús Domínguez, reuniuse o pasado 29 de abril cunha trintena de veciños e veciñas no centro sociocultural da Trisca, acompañado polo concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, e por persoal técnico do Concello. Durante o encontro, explicouse o contido do proxecto e os seus obxectivos, incidindo na aposta por un espazo urbano máis accesible, funcional e ambientalmente mellorado.

Segundo declarou Domínguez, a obra comezará este luns, e seguirase o modelo de comunicación veciñal xa aplicado noutras intervencións como a da rúa do Pombal: “O Concello enviou información á veciñanza nos días previos para lembrar como se vai desenvolver a obra e cales son as canles de comunicación abertas durante os traballos”, afirmou.

O proxecto enmárcase na política municipal de transformación dos espazos públicos para dar prioridade aos usos sociais e peonís, coa intención de mellorar a calidade de vida no barrio e actualizar as infraestruturas urbanas existentes.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here