InicioOPINIÓNO móbil de Ábalos non só é Pedro, cheira a “esterco”

OPINIÓN

O móbil de Ábalos non só é Pedro, cheira a “esterco”

Publicado o

Por José Luis Calo
José Luis Calo
José Luis Calo
Coordinador de UCIN (Unión de Cidadáns Independentes) en Galicia e candidato en 2023 á alcaldía do Concello de Ames

Dependendo do contexto, podemos usar “sucidade”, “lixo” ou “porcallada”, sendo refinado en palabras utilizarei “esterco”. Saen á luz todas as mensaxes dunha persoa que foi todopoderosa no partido socialista (PSOE), man dereita do omnipotente Pedro Sánchez. Isto lévanos a analizar a credibilidade dos partidos políticos actuais en España. Os partidos políticos actuais fallan por varias razóns, a falta de credibilidade social, o distanciamento cos cidadáns, a corrupción, a falta de transparencia, así como a adaptación aos cambios sociais e a erosión da confianza na democracia. Un exemplo témolo cando case un 70% dos mozos considera que o sistema democrático en España deteriórase, só a metade sente representado por un partido e o 36% opina que a política empeorará. En que estamos a fallar? Un gran erro dos partidos políticos que nos gobernaron estivo e está en “ideologizar” o sistema educativo en función “do partido que sustentaba o goberno”. Podémonos quedar co refrán “daqueles barros estes lodos”. A nosa mocidade ten que estar fóra da ideoloxía, discordia e polémica e tentar recuperar a falta de credibilidade e distanciamento coa sociedade. A día de hoxe eu creo que o que se vai a cuestionar non só é o sistema de partidos senón que viviremos unha crise das institucións democráticas. Son cambios que teñen que ver coas transformacións sociolóxicas, coa forma de informarse, onde xoga un papel moi importante as redes sociais e coa concepción do que é a democracia. Isto ao final afectará a todas aquelas institucións que existiron ata a data. Estamos nun momento de mutación e os partidos forman parte deste proceso. Señores representantes políticos “Non quero unha Galicia fragmentada nin chea de corrupción, queremos persoas “con ideoloxías diferentes, pero tolerantes”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here