InicioSANTIAGOO Concello aproba a Oferta Pública de Emprego para 2025

O Concello aproba a Oferta Pública de Emprego para 2025

A OPE inclúe 51 prazas por quenda libre, entre as que se destacan as do corpo de Policía Local e Bombeiros

Publicado o

Xornal de Compostela

A Mesa Xeral de Negociación, presidida polo concelleiro de Facenda e Persoal, Manuel César Vila, aprobou a Oferta Pública de Emprego (OPE) do Concello de Santiago para o ano 2025, que inclúe un total de 51 prazas por quenda libre. Esta oferta foi negociada previamente cos sindicatos representados na mesa (CIG, UGT e CC OO) e ten como obxectivo a cobertura de prazas no corpo de Administración Xeral e Especial, Policía Local e Bombeiros, entre outros.

A OPE 2025 contempla 21 prazas na administración xeral e especial, das cales sete pertencen á administración xeral e 14 á administración especial. Ademais, a oferta inclúe 21 prazas para a Policía Local, as cales serán cubertas a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), e outras nove prazas para o corpo de Bombeiros, de maneira que se cubrirán as xubilacións do ano 2024 e se crearán novas prazas, alcanzando ao máximo a taxa de reposición permitida pola lexislación vixente.

O concelleiro Manuel César Vila destacou que a oferta tamén inclúe catro prazas que non están suxeitas á taxa de reposición, debido a promocións internas, como un posto de inspector de policía local, un oficial de policía local, un xefe/a de dotación no Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento e un bombeiro/a condutor/a especialista. Así mesmo, a OPE inclúe a funcionarización de catro prazas de coordinador/a sociocultural.

Vila subliñou que esta oferta “nace do traballo de negociación coa representación sindical” e destacou que se chegou “aos máximos que nos permite a lexislación vixente”, deixando claro que a prioridade do goberno municipal continúa sendo o reforzo dos servizos esenciais para a cidadanía. A representación sindical tamén valorou positivamente a oferta, especialmente as 21 prazas para o corpo policial, que constitúen unha parte fundamental da OPE de 2025.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here