InicioDEPORTESOs centros MultiSan de Santiago lanzan o 'Pasaporte á lonxevidade'

Os centros MultiSan de Santiago lanzan o ‘Pasaporte á lonxevidade’

Trátase dun novo proxecto que busca fomentar hábitos saudables entre os abonados a través de retos e actividades físicas

Publicado o

Xornal de Compostela

Os centros MultiSan de Santiago, que inclúen o Multiusos Fontes do Sar e Santa Isabel, presentaron este martes o novo proxecto ‘Pasaporte á lonxevidade’, unha iniciativa pensada para fomentar hábitos saudables entre os seus abonados. O obxectivo deste programa é axudar aos participantes a “gañar en benestar e vivir máis e mellor”, segundo detallaron os responsables dos centros durante unha rolda de prensa.

A presentación estivo a cargo do xerente dos centros, Xosé Antón Antelo, e a directora de xestión estratéxica, Chelo Suárez, que explicaron os detalles deste proxecto. O ‘Pasaporte á lonxevidade’ consiste nun documento de formato pasaporte que inclúe case 30 retos saudables, divididos en catro bloques de actividades: acuáticas, dirixidas, de adestramento en sala e actividades especiais. Estes retos, que son “fáciles de realizar e accesibles para calquera persoa”, teñen como finalidade mellorar a saúde e o benestar dos participantes.

O doutor José Ramón González Juanatey, xefe de Cardiología no Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS), resaltou a importancia desta iniciativa, facendo especial fincapé en que a principal meta é “chegar a aquelas persoas cun nivel socioeconómico e educativo máis baixo”, xa que este condicionante afecta de maneira significativa á súa expectativa de vida.

O ‘Pasaporte á lonxevidade’ non só se centra en actividades físicas, senón tamén en xerar novos hábitos saudables entre a poboación, permitindo que os usuarios descubran diferentes formas de coidarse e mellorar a súa calidade de vida. Entre as actividades que os abonados poden realizar están clases de pádel ou tenis, adestramentos de forza con máquinas guiadas, rutas ao aire libre e actividades acuáticas, entre outras.

Para participar, os abonados deberán recoller o seu pasaporte nas recepcións dos centros, na cafetería ou no centro de estética. Cada vez que completen un reto, recibirán un selo no pasaporte. Ao completar 16 selos, poderán entregalo para recibir un agasallo, sendo os primeiros dez que o consigan premiados cun mes extra de ximnasio de forma gratuita. A promoción está limitada a un pasaporte por persoa e ten un total de 300 unidades dispoñibles.

Este proxecto, que se prolongará durante seis meses, é unha iniciativa para axudar á poboación a mellorar a súa saúde a través de pequenas accións, celebrando os avances e recoñecendo a importancia de cada movemento na procura dunha vida máis longa e saudable.

ÚLTIMAS

Saleta Chao toma posesión como concelleira de Facenda de Santiago

Saleta Chao Rivas (BNG) incorpórase dende hoxe á Corporación municipal de Santiago de Compostela...

O pleno aproba unha moción do PP para reforzar o control do servizo de axuda no fogar e mellorar as condicións das traballadoras

O Pleno do Concello aprobou este luns unha proposición presentada polo Partido Popular para...

O PSdeG denuncia que dous alumnos do CEE A Barcia non poden asistir ás clases por falta de transporte adaptado

O secretario xeral do PSdeG en Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, denunciou este...

As non adscritas apoian a ILP Lingua Vital e levarán ao Pleno de Santiago unha moción para defender o galego

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago formalizaron o seu apoio á Iniciativa Lexislativa...

Santiago acollerá por primeira vez a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas o 22 de novembro

Santiago de Compostela incorporarase este ano á Carreira das Cidades contra o Cancro de...

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

O Compostela cae ante o Oviedo Vetusta pese a xerar ocasións para empatar no Vero Boquete

A SD Compostela encadeou este domingo a súa segunda derrota consecutiva ao caer por...