InicioCULTURAA Biblioteca Ánxel Casal acolle o mes de maio a exposición 'TintA:...

A Biblioteca Ánxel Casal acolle o mes de maio a exposición ‘TintA: unha historia do fanzine libertario, de 1976 á actualidade’ 

Esta exposición fai un percorrido pola cultura, que foi o mellor vehículo para o anarquismo de ofrecer a súa idea "dun mundo libre, xusto, carente de toda dominación e logrado a través da transformación social"

Publicado o

Xornal de Compostela

A Biblioteca Ánxel Casal acolle desde o 2 até o 31 de maio a exposición ‘TintA: unha historia do fanzine libertario, de 1976 á actualidade’ organizada pola CNT Galiza. A exposición está na planta baixa, na hemeroteca e o horario de visita é o de apertura da biblioteca.

Esta exposición fai un percorrido pola cultura, que foi o mellor vehículo para o anarquismo de ofrecer a súa idea “dun mundo libre, xusto, carente de toda dominación e logrado a través da transformación social”. Con esta exposición móstrase un amplo abano de prácticas e actividades culturais coas que os anarquistas “non pretendían unicamente a difusión da Idea senón que, ao mesmo tempo, buscaban satisfacer o afán de coñecementos do proletariado e do campesiñado”.

Así naceron escolas racionalistas, Ateneos, asembleas, teatro, publicacións, grupos de lectura, as artes gráficas e conferencias. O desenvolvemento cultural do movemento libertario foi moi amplo “conformándose como un proxecto heteroxéneo, emancipador e con identidade propia”.

As publicacións escritas tiveron gran relevancia de aí que con grande traballo nacesen boletíns, panfletos, revistas ou xornais. Todas estas publicacións difundíronse rapidamente entre as capas sociais máis desfavorecidas.

O momento máis prolífico para estas publicacións anarquistas no estado español foi durante o período da Revolución Social, con publicacións que abordaban todo tipo de temáticas: xeografía, filosofía, historia, sexualidade ou pedagoxía. Coa perda da Guerra Civil e instaurada a ditadura franquista o número de publicacións descende drasticamente e a súa presenza vólvese testemuñal: “a prohibición, apoiada baixo unha cruenta represión e o medo imposibilitaba a edición e difusión de calquera idea non adepta ao réxime”.

Despois da morte de Franco as publicacións libertarias volven coller impulso. Coa chegada e boom do fanzine a finais dos setenta principios dos oitenta, dá comezo un novo período extraordinariamente fértil, no que o activismo anarquista atopa, na autonomía e liberdade que proporciona esta publicación artesanal, o medio perfecto para a difusión cultural e informativa dunha realidade alternativa en plena confrontación coa proporcionada desde a hexemonía dos mass-media e a cultura oficial.

A MOSTRA

TintA é unha mostra que se compón dunha pequena selección de fanzines de entre o que é unha infinidade de publicacións libertarias xurdidas desde finais dos setenta ata a actualidade. Cunha selección de artigos concretos, poderase acceder á realidade vivencial dun sindicato, dun ateneo, dunha asociación cultural, de individualidade para coñecer os seus puntos de vista, as súas opinións, as súas preocupacións e as súas loitas.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here