InicioSANTIAGOA USC acolle unhas xornadas internacionais sobre 'escolasticidio' e os seus efectos...

A USC acolle unhas xornadas internacionais sobre ‘escolasticidio’ e os seus efectos en zonas de conflito

A análise científica abordará a destrución sistemática do sistema educativo palestino e outras situacións de guerra

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) será o escenario das xornadas internacionais que abordarán o termo acuñado pola profesora Karma Nabulsi, ‘escolasticidio’, que fai referencia á destrución deliberada e sistemática do sistema educativo palestino como parte da política de xenocidio impulsada pola invasión de Gaza tras os feitos do 7 de outubro de 2023. O encontro terá lugar os días 8 e 9 de maio, organizados pola Cátedra Institucional USC – Araguaney para o Diálogo entre Culturas.

As xornadas, que se inaugurarán o 8 de maio ás 12:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, contarán coa participación do vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC, Gumersindo Feijoo Costa, e do presidente de honra da Fundación Araguaney – Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim. O director da Cátedra, Francisco Javier Sanjiao Otero, tamén intervirá na apertura do evento.

O obxectivo principal destas xornadas é analizar os efectos do ‘escolasticidio’ en Palestina, especialmente no sistema educativo, e reflexionar sobre as consecuencias que ten para a infancia e a mocidade nos contextos de conflito armado. A análise tamén se ampliará a outras rexións afectadas pola violencia, como Líbano, Afganistán, Irán e Sáhara Occidental.

Entre os relatorios do día 8 de maio, o catedrático César Domínguez Prieto tratará o concepto de ‘lawfare académico como indicador do fin da civilidade’, seguido por intervencións de Alison Phipps, profesora na Universidade de Glasgow, e de Francisco Javier Sanjiao, quen dará a súa perspectiva sobre os efectos do escolasticidio. A xornada rematará cun debate no que se abordarán as distintas perspectivas de investigadores e académicos.

A segunda xornada, o 9 de maio, terá lugar no Auditorio da Facultade de Ciencias de Comunicación, onde se realizará unha benvida oficial a cargo de Javier Sanjiao, Ghaleb Jaber Ibrahim e a decana do centro anfitrión, Ana Isabel Rodríguez Vázquez. A xornada contará tamén con intervencións destacadas, como a de Mónica Bernabé, xornalista de investigación, quen falará sobre o analfabetismo e apartheid de xénero en Afganistán. Tamén intervirán Natalia Calfat e Vicente Ferraro, que tratarán o escolasticidio en Líbano e Palestina.

O evento servirá tamén para analizar as consecuencias do escolasticidio en Irán e Sáhara Occidental, cunha intervención de Alireza Omid Bakhsh, catedrático na Universidade Allameh Tabataba’i (Irán), e de María González Flores, investigadora da Universidade da Coruña, que pecharán a xornada cun debate moderado por Sarah Vidal Horta, investigadora da USC.

Este encontro forma parte das accións que a USC está a desenvolver a través da Comisión para o desenvolvemento de accións a prol da comunidade universitaria de Palestina, creada polo Consello de Goberno da universidade compostelana.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here