InicioMOV. SOCIAISO sector da atención ás persoas dependentes alza a voz en Santiago

O sector da atención ás persoas dependentes alza a voz en Santiago

As traballadoras critican a "miséria absoluta" dos salarios e anuncian novas folgas para maio.

Publicado o

Xornal de Compostela

Traballadoras de residencias privadas de maiores e do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) percorreron este sábado as rúas de Santiago para esixir un convenio colectivo que “dignifique as súas condicións laborais” e garanta unha atención de calidade ás persoas dependentes. A protesta, convocada pola CIG-Servizos, reuniu persoal de toda Galicia, que denunciou precariedade, baixos salarios e a “falta de compromiso” da patronal e da Xunta, coincidindo co recente anuncio dun plan para a construción de 24 novas residencias.

Durante a mobilización, o secretario de Negociación Colectiva da CIG-Servizos, Adolfo Naya, criticou que o 60 % das traballadoras de residencias perciban salarios inferiores ao SMI, acusando á Xunta de “lavarse as mans” fronte ás condicións laborais do sector. Ademais, anunciou novas xornadas de folga para maio e advertiu dunha posible denuncia contra empresas que vulneraron o dereito á folga impoñendo servizos mínimos abusivos.

Beatriz Fernández, traballadora da residencia Domus de Ferrol, cualificou as condicións laborais de “nefastas e frustrantes”, denunciando a falta de persoal, a sobrecarga de traballo e a incapacidade de ofrecer unha atención digna ás persoas residentes. As traballadoras reclaman melloras salariais, redución da carga laboral, máis persoal e medidas de conciliación da vida laboral e persoal.

A manifestación concluíu en Praterías coa lectura de tres manifestos nos que as traballadoras das residencias, do SAF e o colectivo de xubilados da CIG reclamaron un sistema público galego de atención ás persoas, criticaron a paralización dos convenios colectivos e denunciaron a precarización dun sector esencial que, afirman, só se mantén grazas ao esforzo e compromiso dos seus traballadores e traballadoras.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

A campaña ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’ dedica xuño á saúde oncolóxica e aos coidados coa colaboración de D’Aldea e Abeiratúa

A campaña '12 Comercios, 12 Sensibilidades' dedicará o mes de xuño a visibilizar o...

Traballadores de escolas infantís e centros de discapacidade colapsan San Caetano contra a precariedade laboral

O conflito laboral nos sectores da discapacidade, da atención a menores e da educación...