InicioPOLÍTICAAdmitida a trámite a demanda dos edís expulsados do PSOE de Santiago

Admitida a trámite a demanda dos edís expulsados do PSOE de Santiago

O Xulgado número 3 de Santiago fixará o 9 de maio a vista para decidir sobre a suspensión cautelar das expulsións.

Publicado o

Xornal de Compostela

A demanda ordinaria que os catro edís expulsados do Grupo Municipal Socialista de Santiago —Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta Álvarez— en busca da impugnación das resolucións da Comisión Federal de Ética e Garantías do PSOE foi admitida a trámite e está en mans do Xulgado número 3 da capital galega.

Ademais, segundo fontes consultadas por Europa Press, desde o 10 de marzo as partes foron notificadas para a vista que está chamada a resolver a concesión de solicitude de medida cautelar que solicitan os edís expedientados para a suspensión da eficacia e execución das resolucións disciplinarias. Está prevista para o próximo 9 de maio.

O catro edís socialistas interpuxeron a demanda na semana do 17 de marzo, tras a notificación que recibiron de Ferraz o día 14 dese mesmo mes coa resolución de expulsión definitiva do partido.

Nesa xornada, os concelleiros expulsados enviaron un comunicado no que reafirmaban a súa condición de “socialistas”, algo que “non hai resolución nin decisión de organización que o poida cambiar” porque “ser socialista implica crer nun mundo máis xusto e defender unha sociedade baseada na igualdade”.

No mesmo, anticipaban que ían acudir á xustiza ordinaria “por dignidade” e “para manter a súa integridade”, pero tamén por non estar dispostos a permitir que, “de forma arbitrria, alguén decida quen pode ou non ser socialista en función das súas preferencias persoais”.

A DIRECCIÓN XUSTIFICOU A EXPULSIÓN POR FALTAS “GRAVES”

Pola súa banda, a dirección do PSOE atribuía aos edís faltas “graves” en contra da normativa socialista, entre elas, a “actuación, por acción ou omisión, en contra de acordos adoptados polos órganos de dirección do partido que afecten as institucións”.

A Muíños achacábaselle “indisciplina reiterada” a raíz do conflito coa agrupación local que estalou tras o pleno do mes de xuño no que todos os edís votaron a favor dunha ordenanza sobre a regulación das vivendas de uso turístico, en contra da directriz marcada pola dirección local, capitaneada por Aitor Bouza.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

O PP pregunta polo futuro da naturalización da Lagoa do Auditorio tras a perda dos fondos europeos

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Rosario Ferreiro, pediu explicacións ao goberno local...

Sanmartín reivindica as novas conexións de Lavacolla e chama a abordar a seguridade “dende o rigor”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, puxo este venres o foco no incremento de...

O PP reclama executar o contrato de sinalización intelixente do patrimonio e Sanmartín asegura que xa está en marcha

O Partido Popular de Santiago reclamou ao goberno municipal de BNG e Compostela Aberta...