InicioMOV. SOCIAISAs traballadoras das residencias privadas galegas secundan unha nova xornada de folga

As traballadoras das residencias privadas galegas secundan unha nova xornada de folga

A manifestación partirá este sábado da Alameda de Santiago en demanda dun convenio colectivo con mellores condicións laborais

Publicado o

Xornal de Compostela

O sector das residencias privadas de Galicia vive este sábado 26 de abril a segunda das catro xornadas de folga convocadas pola CIG-Servizos, coa participación de traballadoras que reclaman un ‘convenio digno e salarios xustos’. A protesta terá un dos seus momentos centrais en Santiago de Compostela, onde está convocada unha manifestación con saída ás 11.00 horas desde a Alameda.

A mobilización en Compostela forma parte dun calendario de protestas en varias localidades galegas, como A Coruña, Ferrol, Vilagarcía, Carballo, Pontevedra e Vigo, impulsadas pola central sindical. A CIG asegura que o seguimento da folga está a facerse notar tamén a través de concentracións espontáneas diante dos centros de traballo, especialmente durante os descansos e os cambios de quenda.

As traballadoras denuncian condicións laborais precarias, entre elas a sobrecarga de tarefas, a realización de funcións alleas ao seu posto, a escaseza de tempo para a atención ás persoas usuarias e uns salarios baixos, aos que suman cocientes de persoal que consideran “obsoletos”. Segundo explica o sindicato, esta situación afecta de forma directa á calidade asistencial e ao benestar das propias empregadas.

O secretario de Negociación Colectiva da CIG-Servizos, Adolfo Naya, advertiu de que o sindicato está a avaliar posibles denuncias contra empresas do sector que comunicaron os servizos mínimos con posterioridade ao inicio da folga, feito que considera unha vulneración do dereito constitucional á folga: ‘Non o imos consentir’, asegurou.

As mobilizacións continuarán os días 7 e 21 de maio, e, segundo informou o sindicato, de non producirse avances na negociación dun novo convenio colectivo, estudarase a posibilidade de incrementar a intensidade das protestas nas semanas seguintes.

A CIG chama á sociedade a apoiar as súas reivindicacións, co obxectivo de garantir unha mellora das condicións laborais nun sector esencial para os coidados e a atención ás persoas maiores en Galicia.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...