InicioMOV. SOCIAISA plantilla de Yáñez mobilízase en Santiago para esixir garantías sobre os...

A plantilla de Yáñez mobilízase en Santiago para esixir garantías sobre os seus empregos

A CIG denuncia impagos, opacidade e a posibilidade dun ERE que afectaría ao 50% do cadro de persoal

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O persoal dos concesionarios Volkswagen do Grupo Yáñez en Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol iniciou este martes unha xornada de folga para reclamar información sobre o futuro da empresa, o cobro das nóminas pendentes e a continuidade dos postos de traballo. A mobilización, convocada pola CIG-Industria, incluíu unha concentración ás 12:00 horas diante das instalacións compostelás do concesionario, situado na cidade.

A decisión de mobilizarse chega tras meses de incerteza laboral, agravada pola entrada da empresa en preconcurso de acredores o pasado 18 de decembro. Segundo a central sindical, desde entón a situación empeorou notablemente: falta de liquidez, impagos salariais, talleres sen actividade e a práctica desaparición do xerente da empresa.

A CIG denuncia que o administrador concursal designado só comezou a ofrecer información a principios de abril, na que destacou a intención de aplicar un ERE que podería afectar ata ao 50% do persoal, actualmente formado por máis dun centenar de traballadores. Ademais, indican que a actividade nos centros da Coruña e Ferrol está case paralizada pola falta de pezas e subministracións, mentres que en Santiago o concesionario mantén un funcionamento parcial.

Vicente Vidal, representante da CIG en Ferrol, explicou que os impagos acumulados e a ausencia de comunicación institucional están a causar graves problemas económicos para as traballadoras e traballadores. “Moitas persoas levan meses sufrindo retrasos continuos nas nóminas e nas pagas extraordinarias”, sinalou. Segundo o sindicato, esta situación vén de atrás e é resultado dunha “nefasta xestión empresarial” que provocou o colapso dos subministradores e a perda de confianza no grupo.

O pasado mércores, o persoal recibiu a metade do salario de marzo sen aviso previo, sen que exista aínda garantía do cobro do resto da nómina nin dos seguintes pagamentos. A incerteza sobre o futuro da empresa e a posible venda dos concesionarios sen manter o actual cadro de persoal elevou a preocupación entre os traballadores, que reclaman un plan de viabilidade claro e público.

Desde a CIG non descartan novas mobilizacións nas vindeiras semanas se non hai unha resposta concreta por parte da empresa ou do administrador concursal. “A dirección debe explicar se o seu obxectivo é manter a actividade ou simplemente vender os activos, deixando á marxe á plantilla”, advirten desde o sindicato.

A folga en Santiago enmárcase nun calendario de protestas que terá continuidade nos vindeiros días, coa intención de visibilizar a situación do Grupo Yáñez e esixir solucións urxentes que garantan o futuro da actividade e os postos de traballo nas tres cidades galegas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here