InicioDEPORTESO Obradoiro busca manter a cabeza de serie nun duelo clave en...

O Obradoiro busca manter a cabeza de serie nun duelo clave en Sevilla

Félix Alonso asegura que o equipo debe manter a intensidade ante un Betis invicto na casa

Publicado o

Xornal de Compostela

O Monbus Obradoiro afronta esta fin de semana un desprazamento decisivo a Sevilla para medirse ante o Real Betis Baloncesto, dentro da xornada 30 da LEB Ouro. O técnico obradoirista, Félix Alonso, compareceu en rolda de prensa para valorar o encontro e a situación do equipo, que chega tras unha rachada de 8 vitorias consecutivas e con opcións de consolidar a súa posición como cabeza de serie.

O adestrador confirmou que todos os xogadores están dispoñibles, incluído Vladi, que volveu aos adestramentos esta semana: “Onte xa completou a sesión e, se non hai contratempos hoxe, estará listo para viaxar”. A pesar do bo momento do equipo, Alonso subliñou que o obxectivo inmediato é consolidar a posición actual: “Conseguimos a vitoria, pero non podemos permitirnos fallar. Se o facemos, o Valencia pasaranos”.

Sobre o rival, o técnico salientou que o Betis está nun “nivel altísimo, con 11 vitorias nos últimos 12 partidos e invicto na súa pista”. Alonso considera que o equipo sevillano “non ten nada que ver co que nos atopamos nas semifinais de Copa”, e eloxia a calidade dos seus xogadores, tanto exteriores como interiores. “É un equipo que xoga moi ben ao baloncesto, sabe controlar o ritmo e conta cun plantel de altísimo nivel”.

O técnico galego destacou tamén a evolución anímica do seu cadro desde a súa chegada ao club: “Agora o equipo non se descompón, mantén a calma nos momentos difíciles e sabe como remontar”. Como exemplo puxo o último partido contra o Palencia, no que a pesar dun mal inicio ofensivo, o equipo foi quen de darlle a volta ao marcador grazas á súa defensa e á confianza acumulada.

Respecto ao que resta de tempada, Alonso afirmou que “cada partido será unha final” e que o equipo debe manter a intensidade vista ante Palencia: “Temos que xogar os 40 minutos con dureza e cubrir todos os focos anotadores do rival”. Ao tempo, recoñeceu que “aínda hai marxe de mellora, sobre todo na regularidade defensiva e na lectura ofensiva ante equipos que nos poñen en dificultades”.

O partido fronte ao Real Betis Baloncesto disputarase en Sevilla, onde o Monbus Obradoiro tratará de manter a súa boa dinámica e defender a súa posición de privilexio na táboa clasificatoria, nun tramo final de competición que se prevé esixente e decisivo.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A SD Compostela renova a continuidade de Pablo Crespo e Adrián Armental para competir en Segunda Federación

A SD Compostela continúa a configurar o cadro de xogadores co que afrontará o...

Santiago acollerá en xullo os XVI Xogos do Eixo Atlántico con case 2.300 deportistas

A cidade de Santiago de Compostela será a sede dos XVI Xogos do Eixo...

A SD Compostela celebra no Concello o seu ascenso á Segunda Federación

A SD Compostela foi recibida no Concello de Santiago tras conseguir o ascenso á...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here