InicioSANTIAGOCompostela recibe aos ciclistas solidarios que completaron o reto 'Pedaleando pola ELA'

Compostela recibe aos ciclistas solidarios que completaron o reto ‘Pedaleando pola ELA’

A alcaldesa e membros da corporación dan a benvida aos participantes que percorreron máis de 1.100 quilómetros para visibilizar a enfermidade

Publicado o

Xornal de Compostela

A Praza do Obradoiro converteuse este xoves no escenario final do reto solidario ‘Pedaleando pola ELA’, unha iniciativa impulsada por persoas afectadas e sensibilizadas coa Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), que percorreu máis de 1.100 quilómetros desde o Hospital Vall d’Hebron de Barcelona ata Santiago de Compostela en bicicleta. A alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín, recibiu aos participantes xunto coa tenente de alcaldesa e concelleira de Servizos Sociais, María Rozas, e outros membros da corporación municipal.

Durante o acto de benvida, Sanmartín expresou o recoñecemento do Concello á iniciativa: “É magnífico que haxa iniciativas como esta, que unen o deporte coa loita contra as enfermidades”, sinalou, destacando o valor do evento tanto no plano simbólico como no práctico, ao contribuír a visibilizar a ELA e a fomentar o apoio á investigación médica e ao coidado das persoas afectadas.

A rexedora compostelá puxo tamén en valor a colaboración activa que o goberno local mantén con asociacións de persoas con ELA, Parkinson ou esclerose múltiple, e a necesidade de traballar conxuntamente co sistema sanitario, a universidade e outras administracións para avanzar na investigación e na mellora dos coidados: “Hai que poñer o foco tamén nas persoas coidadoras e promover un compromiso compartido”, dixo.

Ademais da alcaldesa e da primeira tenente de alcaldesa, participaron na recepción os concelleiros Manuel César (Persoal e Facenda), José Antonio Constainla e Olalla Otero (Partido Popular) e Gonzalo Muñoz, Emila Castro e Marta Álvarez (Grupo Socialista). A ampla representación institucional foi, segundo Sanmartín, “proba do apoio unánime do Concello a este tipo de causas”, nun xesto que busca recoñecer o esforzo das persoas participantes e reforzar a súa mensaxe solidaria.

Durante o acto, Sanmartín recibiu como agasallo un maillot conmemorativo do reto, que asegurou lucirá con orgullo, e fixo entrega aos participantes dun obsequio institucional en nome do Concello de Santiago.

A alcaldesa concluíu destacando o valor simbólico da chegada a Compostela: “Agardamos que esta non sexa a única vez que vos recibamos. Esta cidade será sempre a vosa casa, tamén na loita pola visibilización da ELA”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here