InicioSANTIAGOO Concello activa unha campaña de control e información sobre o lixo...

O Concello activa unha campaña de control e información sobre o lixo na cidade histórica e o Ensanche

Dous profesionais ambientais patrullarán as rúas desde o 22 de abril para mellorar a separación de residuos e evitar incumprimentos reiterados

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela porá en marcha o vindeiro 22 de abril unha campaña de información e control sobre a recollida de residuos, centrada especialmente na cidade histórica e o Ensanche, co obxectivo de mellorar os hábitos de separación e reducir os incumprimentos na xestión do lixo.

A iniciativa, presentada este mércores polos concelleiros Xesús Domínguez, responsable de Sustentabilidade Ambiental e Servizos Básicos, e Xan Duro, de Mobilidade e Convivencia, contará coa participación de dous profesionais ambientais que realizarán un labor informativo e de control de martes a sábado, en horario de 19:00 a 24:00 horas.

Segundo explicaron os responsables municipais, estes informadores ambientais percorrerán as rúas para difundir os horarios de depósito, explicar as normas de separación de residuos e detectarán os puntos negros de incumprimento. Se se constata reincidencia tras tres advertencias, remitirán un informe á Policía Local, que poderá iniciar un procedemento sancionador.

A campaña terá unha duración inicial de tres meses e financiarase con cargo ao canon de concienciación de Urbaser, empresa concesionaria do servizo de recollida. Segundo Domínguez, esta acción responde á necesidade de fomentar unha Compostela máis sostible: “Sabemos que a maioría da xente cumpre coas normas, pero temos que actuar polos casos reiterados que prexudican ao conxunto da veciñanza”.

As entidades veciñais, comerciais e hostaleiras participantes na xuntanza mantida este mércores co Concello acolleron positivamente a proposta e acordaron reunirse de novo un mes despois do inicio da campaña para avaliar o seu impacto e funcionamento.

A intervención dos informadores non se limitará só á cidade histórica e ao Ensanche, aínda que serán as zonas prioritarias debido ao maior volume de lixo e á alta concentración de infraccións segundo o servizo municipal de recollida.

Ademais, o Concello recorda que calquera incidencia relacionada co lixo pode ser comunicada a través do formulario web en santiagosostible.gal, co obxectivo de implicar á cidadanía na mellora continua da limpeza e xestión dos residuos.

A campaña chega nun momento clave, coa vista posta na implantación plena da nova ordenanza de residuos, actualmente en tramitación, que busca reforzar a separación da fracción orgánica e o cumprimento das directivas ambientais europeas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here