InicioSANTIAGOO Concello manterá a protección do uso comercial nas plantas baixas en...

O Concello manterá a protección do uso comercial nas plantas baixas en varias zonas de Santiago

O Goberno local levará ao Pleno unha proposta para preservar a diversidade de usos fronte á nova Lei de medidas da Xunta

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago acordará en Pleno manter a regulación urbanística vixente en varias zonas da cidade para protexer o uso comercial das plantas baixas, unha medida que busca garantir a diversidade de usos nos barrios e preservar o comercio de proximidade, segundo avanzou o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás.

A proposta afecta ás áreas reguladas polas ordenanzas 1, 2, 3, 4, 7 e 9A do PXOM, así como ao Plan Especial da Cidade Histórica (PE-1). Nestas zonas non se aplicará o novo artigo 76 da Lei 5/2024 de medidas fiscais e administrativas da Xunta, que permite transformar locais comerciais en vivendas sen ter en conta a normativa municipal. Fóra destes ámbitos, como nos plans parciais urbanizados nas décadas de 1990 e 2000, si se aplicará a nova regulación autonómica.

O concelleiro explicou que o comercio de proximidade é clave para a calidade de vida e que o Concello debe asegurar espazos para novos proxectos comerciais: “Non tería sentido desbotar unha regulación baseada en análises urbanísticas moi recentes”, apuntou Lestegás.

En referencia á situación residencial, o edil lembrou que en Galicia existen moitas vivendas desaproveitadas e que, por tanto, “non é necesario sacrificar locais comerciais para ampliar a oferta residencial”. Ademais, defendeu que o urbanismo municipal debe ordenar os usos da cidade con criterio, fronte á desregulación que, segundo el, “pode levar ao caos: vivendas utilizadas como hoteis, locais comerciais como vivendas e polígonos industriais como zonas comerciais”.

Desde o Goberno local insisten en que a regulación municipal permite un equilibrio entre vivenda, comercio e outros usos, e que a existencia de moitos locais comerciais baleiros susceptibles de transformación en vivendas, fóra das zonas protexidas, ofrece marxe para aplicar a nova normativa autonómica sen afectar o tecido comercial consolidado.

A aprobación desta proposta no Pleno basearase nunha disposición prevista no propio artigo 76 da nova lei, que permite aos concellos declarar zonas nas que se manteñan as súas normas urbanísticas actuais. Con esta decisión, Santiago busca blindar o seu modelo urbano fronte ás directrices autonómicas que, segundo o Concello, priorizan unha flexibilización excesiva dos usos do solo sen atender ás necesidades específicas de cada barrio.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here