InicioSUCESOSDetido por varios roubos violentos en Santiago a persoas de idade avanzada

Detido por varios roubos violentos en Santiago a persoas de idade avanzada

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Nacional detivo este mércores en Santiago de Compostela ao presunto autor de seis roubos cometidos na cidade a persoas de idade avanzada o pasado mes de febreiro. Tal e como informou a Policía, as investigacións que segue a UDEV da Brigada de Policía Xudicial da Comisaría de Santiago deron como resultado a detención dun home como presunto autor de seis feitos delituosos violentos.

En concreto, os feitos cometéronse de forma continuada na tarde do xoves 27 de febreiro na zona do barrio de Fontiñas e Sar entre as 18.30 horas e as 23.00 horas aproximadamente. Os roubos consistiron en tiróns de bolso de forma sorpresiva a persoas que transitaban soas pola vía pública ou se dispuñan a entrar nos portais das súas vivendas.

Segundo destacou a Policía, a maioría das vítimas eran persoas de idade avanzada e vulnerables das que o ladrón se aproveitaba das dificultades de mobilidade á hora de reaccionar ante este tipo de feitos.

Nun dos casos, a caída ao chan da vítima tras o tirón produciulle lesións de gravidade, polo que tivo que ser intervida cirurxicamente tras ser trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Despois de levar a cabo as investigacións correspondentes, localizouse ao presunto autor e procedeuse á súa detención na Estación Intermodal da capital galega este mércores cando se dispuña a coller un tren de media distancia.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...