InicioCULTURAA Xunta convoca unha nova edición do Encontro de Artistas Novos na...

A Xunta convoca unha nova edición do Encontro de Artistas Novos na Cidade da Cultura

O evento ofrecerá a 40 creadores emerxentes a oportunidade de presentar os seus proxectos e optar a unha residencia artística no Gaiás

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia abre a convocatoria para unha nova edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura, unha iniciativa que reunirá en agosto a 40 talentos emerxentes no ámbito da creación contemporánea. Os seleccionados terán a oportunidade de presentar os seus proxectos artísticos no Gaiás, establecer contacto con outros creadores e optar a unha residencia artística na Cidade da Cultura.

Segundo informou o Executivo galego, este encontro é xa unha das iniciativas máis asentadas no panorama da creación artística en España. Dende a súa primeira edición, arredor de 800 artistas participaron nesta experiencia, que na última convocatoria rexistrou máis de 220 candidaturas de todo o Estado.

Durante a estadía de catro días no Gaiás, os seleccionados poderán expoñer o seu traballo e compartir coñecementos con outros talentos procedentes de disciplinas como as artes plásticas, a fotografía, o audiovisual, o deseño téxtil, a performance ou a creación sonora.

REQUISITOS E PRAZOS DE SOLICITUDE

O encontro está aberto a estudantes e graduados en Belas Artes ou noutras ensinanzas artísticas, así como a profesionais con traxectoria acreditada no ámbito da creación. A idade principal de participación está entre os 18 e os 35 anos, aínda que 10 das 40 prazas están reservadas a artistas de máis de 35 anos que cumpran os mesmos requisitos.

As persoas interesadas en participar deben enviar a súa solicitude antes das 14:00 horas do venres 23 de maio, achegando a documentación requirida ao enderezo electrónico encontro.cdc@xunta.gal.

A edición de 2025 do Encontro de Artistas Novos celebrarase entre os días 24 e 28 de agosto na Cidade da Cultura de Galicia, consolidando unha vez máis este espazo como punto de referencia para a creación contemporánea.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...