InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNA Xunta e o Concello de Boqueixón analizan a posta en marcha...

A Xunta e o Concello de Boqueixón analizan a posta en marcha de mecanismos para a cesión de terras agrarias

A directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural reuniuse co alcalde para tratar o uso do Banco de Terras no municipio

Publicado o

Xornal de Compostela

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e o Concello de Boqueixón mantiveron unha reunión este xoves para avaliar medidas relacionadas co desenvolvemento rural do municipio e a posta en marcha de mecanismos para a cesión de parcelas agrarias. O encontro contou coa participación da directora xeral de Agader, Paz Rodríguez, do alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e do concelleiro de Servizos e Obras Públicas, Manuel Fernández Munín.

Un dos puntos centrais da reunión foi a análise da utilidade do Banco de Terras de Galicia en Boqueixón. Esta ferramenta, xestionada pola Xunta, busca evitar o abandono das parcelas agrarias e poñelas a disposición de persoas interesadas en usos agrícolas, gandeiros, forestais ou de conservación do patrimonio natural.

Durante a xuntanza, Paz Rodríguez destacou a importancia deste mecanismo, lembrando que o Banco de Terras está pensado para facilitar o acceso á terra a quen desexe poñela en produción e para evitar a degradación das parcelas en desuso.

O alcalde, Ovidio Rodeiro, subliñou que o Concello de Boqueixón traballa para impulsar o aproveitamento das terras agrarias dispoñibles no municipio, co obxectivo de dinamizar o sector primario e mellorar as oportunidades para agricultores e gandeiros da zona. Pola súa parte, Manuel Fernández Munín, concelleiro de Servizos e Obras Públicas, indicou que se analizarán as posibles accións de colaboración co Banco de Terras para facilitar a xestión e uso efectivo das parcelas dispoñibles.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Xunta estrea en Boqueixón un distintivo para impulsar o aproveitamento dos alimentos

A Xunta presentou este luns en Boqueixón o distintivo 'Coa comida, Galicia sen desperdicio',...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here