InicioSANTIAGOO PP de Santiago insiste á alcaldesa que condene "o ataque machista...

O PP de Santiago insiste á alcaldesa que condene “o ataque machista da CIG” á conselleira Fabiola García

O líder do PP local, Borja Verea, apuntou que "esperaba un pouco máis de valentía", xa que, reiterou, pediu ao concello de Santiago "que defendese a unha veciña de Santiago"

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do PP de Santiago, Borja Verea, volveu a demandar á alcaldesa, Goretti Sanmartín, que condene “o ataque machista da CIG”, que hai unhas semanas difundiu un cartel no que aparece, a modo de caricatura da conselleira de Política Social, Fabiola García, un debuxo dunha muller cun bolso de marca que afirma que lle “matan” as rebaixas.

Así, o líder do PP local apuntou que “esperaba un pouco máis de valentía”, xa que, reiterou, pediu ao concello de Santiago “que defendese a unha veciña de Santiago”. “Unha alcaldesa muller que defendese a unha veciña de Santiago ante un ataque machista, pero non puido ser; que pena, verdade?”, lamentou o tamén deputado popular no debate dunha proposición non de lei do pleno do Parlamento.

Xa a semana pasada, tres concelleiras do PP compostelán — María Baleato, Olalla Otero e Nerea Barcia– reprocharon que “en pleno 2025 sexa necesario dar unha rolda de prensa” para “esixir a quen se proclaman como abanderadas do feminismo que condenen un ataque machista a unha muller”.

Pola súa banda, a rexedora compostelá defendeu que a crítica a calquera muller cargo público “debe ser feita en base a aquelas políticas que desenvolva e non sobre calquera outro tipo de bases”. “Evidentemente, esa é a crítica única que ten lóxica”, resolveu.

ÚLTIMAS

Madrid desaloxa a acampada pola vivenda, pero Santiago resiste: “Non temos intención de marchar”

O desaloxo dunha acampada non significa necesariamente o final dunha mobilización. Mentres na Porta...

A campaña ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’ organiza en novembro unha ruta artística por doce establecementos de Santiago

A campaña municipal '12 Comercios, 12 Sensibilidades' inicia a súa programación de novembro cunha...

Un incendio nun garaxe de Lavacolla deixa unha persoa ferida con queimaduras e evacuada en helicóptero

Unha persoa resultou ferida con queimaduras este martes tras declararse un incendio no garaxe...

Pedro Blanco propón recuperar a área recreativa de Chaián e mellorar os seus accesos

O candidato do PSdeG á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, reclamou actuacións...

(VÍDEO) Para historia de terror, a que Compostela ten baixo terra en Boisaca

A historia imaxinada dá paso aos feitos documentados. Segundo os datos recollidos polo proxecto...

Mar Lorenzo é reelixida decana de Ciencias da Educación da USC para os próximos seis anos

A Facultade de Ciencias da Educación da USC continuará baixo a dirección de Mar...

O Ateneo de Santiago reunirá a expertos en educación para analizar os resultados do informe PISA

O Ateneo de Santiago organizará o próximo luns 2 de novembro, ás 19:30, unha...