InicioSOCIEDADEA USC aproba a súa planificación de persoal para 2025 e o...

A USC aproba a súa planificación de persoal para 2025 e o calendario académico do próximo curso

O curso 25-26 comezará o 8 de setembro e finalizará o 15 de maio

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago aprobou este martes a súa planificación de persoal para 2025 e o calendario académico do próximo curso, na súa reunión en San Xerome. Así, en canto a planificación do profesorado, a proposta foi previamente negociada e acordada coa representación sindical na mesa de PDI, e informada favorablemente pola Comisión de Organización Académica e Profesorado.

Cunha previsión de 41 baixas de profesorado, a planificación de PDI apóiase no esforzo de contención do gasto corrente realizado nos últimos anos, que permite levar a cabo as actuacións previstas. Deste xeito, a proposta implica a creación dun mínimo de 34 prazas de axudante doutor, 5 de profesorado asociado, unha de profesorado permanente laboral, 10 de profesorado asociado de Ciencias de Saúde, e outras 7 de profesorado con vinculación asistencial.

No ámbito da estabilización do persoal en categorías con vinculación permanente, prevese a creación de 59 prazas para profesores que actualmente ocupan prazas na categoría de axudante doutor. Igualmente, está prevista a creación doutras 13 prazas para estabilización de persoal investigador Ramón e Cajal, e doutros programas homólogos. En canto á promoción, crearanse 57 prazas de profesorado titular e 48 de acceso a cátedra.

Por outra banda, en materia de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos, o Consello aprobou a OEP para 2025, que recolle un total de 96 prazas, 47 delas de acceso libre. Ademais, acordouse modificar tres artigos do acordo sobre implantación da xornada de traballo de 35 horas e a flexibilidade horaria deste persoal, para mellorar a conciliación.

CALENDARIO ACADÉMICO

O Consello tamén aprobou o calendario acadécmico do curso 2025-26, no que as clases comezarán o 8 de setembro e terminarán o 15 de maio. Así mesmo, terán consideración de días non lectivos os períodos comprendidos entre o 20 de decembro de 2025 e o 7 de xaneiro de 2026, os días 16 e 17 de febreiro de 2026, e desde o 30 de marzo ao 3 de abril, ademais do mes de agosto. Segundo o calendario aprobado, o primeiro semestre irá desde o inicio de curso ata o 19 de decembro; e o segundo estenderase desde o 27 de xaneiro ao 15 de maio.

ÚLTIMAS

A Romaría das Flores recupera o espírito festivo no parque de Belvís con música, gastronomía e actividades para todos os públicos

O parque de Belvís converteuse este sábado nun dos epicentros das Festas da Ascensión...

O PSdeG reclama á Xunta que garanta a continuidade do máster en Matemáticas da USC

O Grupo Parlamentario Socialista presentou esta semana unha batería de iniciativas no Parlamento de...

‘Estrelas no Camiño de Santiago’: gastronomía de elite e solidariedade no corazón da ruta xacobea

Este luns comezará unha nova edición de 'Estrelas non Camiño de Santiago', un evento...

Aprobada a liquidación do orzamento de 2024 en Ames con récord de execución en investimentos

O pleno ordinario de maio do Concello de Ames acolleu a dación de conta...

‘Estrelas no Camiño de Santiago’: gastronomía de elite e solidariedade no corazón da ruta xacobea

Este luns comezará unha nova edición de 'Estrelas non Camiño de Santiago', un evento...

Galicia promociona o Camiño en Brasil cunha axenda oficial e cultural en Porto Alegre

A cidade brasileira de Porto Alegre acolle este xuño o Mes do Camiño de...

Xulgan en Santiago a tres persoas por branqueo de diñeiro procedente do narcotráfico

A Audiencia Provincial da Coruña celebrará este venres en Santiago de Compostela unha vista...