InicioSANTIAGOBRIÓNO Club de Patinaxe Artística Brión logra dúas clasificacións para o Campionato...

O Club de Patinaxe Artística Brión logra dúas clasificacións para o Campionato de España

O club brionés destaca no Campionato Galego de Grupos Show con 'Memento Mori' e 'Letal'

Publicado o

Xornal de Compostela

O Club de Patinaxe Artística Brión acadou un destacado éxito no Campionato Galego de Grupos Show, celebrado os pasados días 1 e 2 de marzo en Vigo, ao conseguir a clasificación para o Campionato de España e a Copa de España en dúas categorías diferentes. O evento reuniu a numerosos clubs galegos que competían por facerse un oco nas citas estatais de abril en Reus e Alcoy.

Na xornada do sábado, o club brionés participou coa coreografía ‘Memento Mori‘ na categoría de Grupos Show Pequenos, onde se enfrontou a outros 15 clubs. O equipo logrou subirse ao terceiro caixón do podio, demostrando unha vez máis o seu bo nivel e preparación.

O domingo foi a quenda do Cuarteto Sénior, que co seu espectáculo ‘Letal‘ conseguiu o título de subcampioas galegas. Este segundo posto tamén lles permite competir no Campionato de España, repetindo a fazaña dos dous últimos anos.

O equipo técnico, formado por Natis e Andrea Mera, amosouse moi satisfeito co traballo das 12 patinadoras do club: Carla, Alba, Yaisa, Icía, Paula A, Leire, Paula M, Antía, Flavia, Zaira, Greta e Marta. As adestradoras destacaron a dedicación e o esforzo das deportistas durante os meses de preparación.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here