InicioCULTURA(FOTOS) O Entroido de Santiago arranca co pregón de Alba Dosantos e...

(FOTOS) O Entroido de Santiago arranca co pregón de Alba Dosantos e Lucía Domínguez

O Meco Enredando queda instalado no Pazo de Bendaña e as rúas énchense de animación e humor

Publicado o

Xornal de Compostela

O Entroido de Santiago de Compostela deu comezo oficialmente onte co pregón de Alba Dosantos e Lucía Domínguez, que desde o balcón do Pazo de Bendaña encheron a cidade de sátira e humor, seguindo a tradición dos atranques dos xenerais da Ulla. Durante a intervención, as pregoeiras realizaron un percorrido pola actualidade política a través de coplas como: “Pediremoslle aos políticos, que garden as espadas, ao que remate o carnaval, xa volverán ás bofetadas”.

No pregón non faltaron referencias a temas locais como a AP-9, a actuación da Panorama no Obradoiro, a relación entre o presidente da Xunta e a alcaldesa, o comportamento dos peregrinos e as interaccións entre as formacións políticas municipais. O acto pechouse cos tradicionais vivas, destacando ao pobo valenciano, á corporación municipal, á veciñanza compostelá e ao propio Entroido de Santiago.

Ademais do pregón, quedou instalado no Pazo de Bendaña o Meco Enredando, unha figura inspirada na presenza das redes sociais na vida diaria, obra de José Manuel Méndez. O Meco chegou ao Toural acompañado por unha comitiva festiva na que participaron os Conformistas de Conxo, A Ruliña de Laraño, Os Armatroulas de Laraño e a charanga Os Chafalleiros.

PROGRAMACIÓN PARA ESTE DOMINGO

Hoxe, domingo 2 de marzo, a animación continuará dende as 10:30 horas coa comparsa Os Conformistas de Conxo e a Batucada do Bloco da escola de Latexo ás 13:00 horas. Pola tarde, a comparsa A Ruliña de Laraño e a charanga Tíralle do Aire percorrerán as rúas.

O evento central será o Festival Infantil de Disfraces na Sala Capitol, con presenza da alcaldesa Goretti Sanmartín e membros da Corporación municipal. O certame, de entrada libre, contará con baile, sorteo de agasallos e un concurso de disfraces en tres categorías: individual, parella e grupo. As inscricións estarán abertas de 16:30 a 17:45 horas.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here