InicioSOCIEDADEEmpregados dunha residencia de maiores presentan firmas na Xunta contra a "psiquiatrización"...

Empregados dunha residencia de maiores presentan firmas na Xunta contra a “psiquiatrización” do centro

Publicado o

Xornal de Compostela

Un grupo de traballadores da residencia de maiores Volta do Castro, de Santiago, presentaron este sábado ante a Xunta 70 firmas de entre os seus empregados –en total, son uns 120– para protestar contra o que chaman a “psiquiatrización” do centro.

En declaracións a Europa Press, o portavoz deste colectivo, Xan Carlos Ansia, denuncia que a Administración autonómica está a ingresar no xeriátrico pacientes psiquiátricos porque lles din “que é a única saída que teñen” ante a falta de prazas en centros sanitarios.

Isto lévalles unha “sobrecarga de traballo” e “tensión laboral”. Os empregados reclaman ou ben contar con “máis medios” e “máis formación”, ou ben que estas persoas “estean nunha institución adecuada” para as súas doenzas, para que así “as residencias sigan sendo de maiores”. Ademais, Ansia quéixase de que os altos cargos da Xunta que adoptan estas decisións “nunca se reuniron” con eles, nin cos familiares, nin cos residentes.

A entrega de firmas non será a única acción de protesta que adopte o persoal do centro público compostelán. Así, este mércores farán unha camiñada desde Padrón que acabará en Volta do Castro.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Funcionarios de Xustiza denuncian “explotación laboral” nos xulgados de Fontiñas

Funcionarios do xulgado de instancia de Santiago de Compostela concentráronse este xoves diante dos...

Educación investiga un incidente no que un profesor agarrou polo pescozo a un alumno no CEIP Monte dos Postes

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do CEIP Monte dos Postes,...

Turespaña defende que as obras no Hostal dos Reis Católicos seguen o Plan Director aprobado pola Xunta

Turespaña, responsable da xestión e conservación do Hostal dos Reis Católicos, lembrou que os...