InicioCULTURAÁrea Central acollerá unha feira de minerais entre o 6 ao 9...

Área Central acollerá unha feira de minerais entre o 6 ao 9 de marzo

O evento reunirá máis de 30 expositores e contará con talleres educativos para escolares

Publicado o

Xornal de Compostela

A Feira de Minerais de Santiago regresa un ano máis ao Outlet Área Central, onde se celebrará entre os días 6 e 9 de marzo. Na súa undécima edición, esta cita consolidouse como unha das máis relevantes do sector en España e Portugal, converténdose nun punto de encontro para coleccionistas, afeccionados e persoas interesadas no mundo da mineraloxía.

Durante catro días, a coñecida esquina vermella de Área Central acollerá máis de 30 expositores e unha feira comercial de 150 metros lineais, onde se exporán unha ampla variedade de minerais, fósiles e pezas de xoiería procedentes de distintos países como España, Brasil e Marrocos. Ademais, entre os stands destacarase unha colección exclusiva de meteoritos.

ACTIVIDADES EDUCATIVAS E DIVULGATIVAS

A feira tamén terá un forte compoñente educativo, xa que nos días 6 e 7 de marzo, preto de 800 estudantes de Primaria e Secundaria de toda Galicia participarán en talleres didácticos e actividades interactivas, como o tradicional bateo de ouro.

Entre as novidades desta edición, destaca a participación de Áridos do Mendo, a única empresa galega dedicada á extracción de ouro, que impartirá un taller para os estudantes. Tamén estarán presentes o Grupo Mineralóxico Galego, organizando actividades sobre mineraloxía, fósiles e bateo de ouro, e a Escola de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, que ensinará técnicas de identificación de minerais.

O sábado 8 de marzo, a feira incluirá unha mesa de intercambio de minerais, aberta a todas as persoas interesadas en compartir e ampliar as súas coleccións. Ademais, ao longo do evento, os visitantes poderán acceder a material divulgativo e mostras de minerais procedentes de institucións como o Museo de Historia Natural de Santiago, o Museo de Minerais de Galicia en O Porriño e o Geoparque do Courel.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here