InicioSANTIAGOAMESUCIN Ames critica a xestión urbanística do goberno local e alerta sobre...

UCIN Ames critica a xestión urbanística do goberno local e alerta sobre proxectos sen finalizar

A formación denuncia que se está hipotecando o futuro da cidade con obras inacabadas e unha xestión deficiente

Publicado o

Xornal de Compostela

A Unidade de Cidadáns Independentes (UCIN) de Ames expresou a súa preocupación pola xestión do goberno local en materia urbanística, denunciando que a política de investimentos e proxectos en execución hipoteca o futuro do municipio. O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, criticou a falta de previsión na xestión e acusou o executivo municipal de levar a cabo obras de gran envergadura sen unha planificación clara.

Entre as actuacións mencionadas por UCIN, destacan a urbanización do PM5-03 do Milladoiro, diversas obras de pavimentación en zonas rurais, así como a falta de avances no Centro Multifuncional do Milladoiro, ao que consideran un dos proxectos con maior grao de neglixencia por parte do goberno local. Ademais, a formación subliña que moitos destes proxectos sufriron ralentizacións ou non foron executados, o que provocou a pérdida de fondos europeos destinados a infraestruturas municipais.

UCIN critica que o alcalde de Ames, Blas García, goberne segundo eles a golpe de Decreto, sen unha liña de actuación clara que garanta un desenvolvemento sostible do municipio. Segundo Calo, esta situación evidencia unha falta de previsión e xestión estratéxica na planificación urbanística de Ames, provocando que moitas das obras iniciadas sigan sen finalizar tras anos de espera.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here