InicioSANTIAGOInaugurado o I International Week of Arts and Desing da Escola de...

Inaugurado o I International Week of Arts and Desing da Escola de Arte Mestre Mateo

O I International Week of Arts and Design conecta a comunidade educativa co sector empresarial. O evento inclúe conferencias internacionais, unha xornada de recrutamento de talento e a Gala Despunte, que chega á súa 15ª edición.

Publicado o

Xornal de Compostela

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, participou este martes na inauguración do I International Week of Arts and Design da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, celebrada na Facultade de Filosofía, onde puxo en valor estas xornadas, que contan cun programa de conferencias, exposicións e actividades de promoción do talento.

“Estamos nun momento no que hai que visibilizar o traballo realizado en Galicia”, subliñou a representante da Consellería de Educación, destacando que “iniciativas como esta reforzan a formación artística e potencian a inserción profesional do alumnado”.

Ademais, reafirmou o compromiso da Xunta coa profesionalización dos estudantes e lembrou que, desde este curso, os ensinos artísticos superiores contan coa gratuidade da matrícula.

O I International Week of Arts and Design conecta a comunidade educativa co sector empresarial. O evento inclúe conferencias internacionais, unha xornada de recrutamento de talento e a Gala Despunte, que chega á súa 15ª edición.

Ademais, promove a internacionalización grazas á participación de docentes e relatoras de países como Albania, Xeorxia, Mozambique, Cabo Verde, Gran Bretaña e Italia. O programa arrincou o luns coa recepción do profesorado Erasmus incoming, seguida do I International Conferences of Fashion Design, onde expertos abordaron as tendencias e desafíos do sector. A sesión contou coa intervención de Marcos Batuecas, directivo de Lacoste; Pedro Mansilla, sociólogo e crítico de moda; e Silvia Scudella, deseñadora multidisciplinar. Esta primeira xornada estivo dirixida ao alumnado e profesorado do Grao en Deseño de Moda.

Este martes foi a quenda do I International Conferences of Product Design, que reuniu especialistas do ámbito do deseño de produto, como Sinézio Mucoque, profesor na Universidade Eduardo Mondlane de Maputo; Paolo dell’Ellce, deseñador de produto en David Chipperfield Architects; e Paula Camiña Eiras, biodeseñadora e enxeñeira de deseño industrial.

A programación continuará o mércores coa Mostra dos Oficios Artísticos. As propias instalacións da escola contarán cun espazo onde centros de secundaria, bacharelato e público xeral poderán coñecer de preto técnicas de fotografía, escultura e xoiaría artística.

O xoves celebrarase a Xornada de Recrutamento de Talento na Cidade da Cultura, onde empresas do sector, entre elas Coosy, O Polbo, Adolfo Domínguez, Paudepedra, Santos e Tecnoloxías Mariñas, entrevistarán alumnado da escola en busca de novos profesionais. A xornada culminará, coa Gala Despunte.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here