InicioMOV. SOCIAISDenuncian represión polas sete persoas detidas na manifestación propalestina do pasado mes...

Denuncian represión polas sete persoas detidas na manifestación propalestina do pasado mes de novembro

A plataforma '9 detencións, 0 explicacións' reclama a absolución das nove persoas detidas tras a manifestación do 6 de outubro en Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

Esta mañá o colectivo ‘9 detencións, 0 explicacións’ celebrou unha rolda de prensa no Centro Social A Gentalha do Pichel para denunciar as detencións ocorridas en Santiago de Compostela o pasado 6 de outubro, tras unha manifestación en apoio ao pobo palestino. O acto contou coa presenza duns corenta asistentes, entre os que se incluían persoas detidas e representantes de organizacións solidarias.

O colectivo presentou un comunicado no que expuxeron a súa versión dos feitos e cuestionaron a actuación das forzas de seguridade do Estado, ás que acusan de “empregar violencia policial” contra manifestantes que participaban nunha acción de boicote contra unha cadea de comida rápida.

AS DETENCIÓNS TRALA PROTESTA DO 6 DE OUTUBRO

Segundo explicaron, a manifestación do 6 de outubro, convocada en apoio ao pobo palestino, rematou cunha acción de boicote organizada por BDS Galiza e a Rede Galega pola Palestina, da que deu conta tamén no seu momento Xornal de Compostela, fronte ao establecemento Burger King da rúa da Senra. O obxectivo da protesta era denunciar a suposta complicidade da empresa co conflito en Palestina.

A intervención policial chegou cando un grupo de manifestantes bloqueou a entrada do establecemento. A carga dos axentes saldouse con cinco detencións e a dispersión do grupo. Posteriormente, ao longo do día, outras catro persoas foron arrestadas durante unha concentración espontánea que reclamaba a súa liberación.

O colectivo denuncia que estas actuacións foron inxustificadas e que as persoas detidas seguen sen recibir unha explicación clara sobre os motivos das súas imputacións. De aí o lema da campaña: “9 detencións, 0 explicacións”.

CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN ANTE OS XULGADOS

Na rolda de prensa, os portavoces da plataforma denunciaron que as detencións forman parte dun intento de criminalización dos movementos sociais e fixeron un chamamento á mobilización para defender a liberdade de expresión e o dereito á protesta pacífica.

Como resposta, convocaron unha concentración o mércores 19 de febreiro ás 11:00 horas diante dos xulgados de Fontiñas, coincidindo coa declaración xudicial das cinco persoas detidas na primeira intervención policial.

O colectivo reclama a absolución de todas as encausadas e pide á cidadanía que participe na mobilización para visibilizar o que consideran un ataque á liberdade de expresión e á loita solidaria internacionalista.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here