InicioSANTIAGORenfe adaptará algúns servizos con trens diésel debido ás obras na electrificación...

Renfe adaptará algúns servizos con trens diésel debido ás obras na electrificación da estación

A compañía ofrecerá transbordos en Ourense e transporte por estrada os días 22 e 23 de febreiro para garantir a mobilidade dos viaxeiros

Publicado o

Xornal de Compostela

Renfe aplicará modificacións nos servizos ferroviarios os días 22 e 23 de febreiro debido ás obras de renovación da electrificación que Adif está a realizar na estación de Santiago de Compostela. A operadora ferroviaria habilitará un plan alternativo de transporte, que incluirá transbordos en Ourense e desprazamentos por estrada con autobuses e taxis para os traxectos afectados.

O corte de tensión na catenaria, necesario para a execución dos traballos, impedirá a circulación de trens eléctricos durante ese período, o que obrigará a substituílos por material diésel en determinados servizos. Ademais, varios traxectos de Media Distancia e Avant serán realizados por estrada.

MODIFICACIÓNS EN SERVIZOS DE LARGA DISTANCIA

Renfe aplicará cambios nos trens Avlo e Alvia, que deberán realizar transbordos en Ourense para continuar a viaxe. Os servizos afectados son:

  • 22 de febreiro
    • Avlo Madrid Chamartín (17:08h) – Vigo Urzaiz (21:37h): transbordo en Ourense.
    • Alvia Barcelona (9:05h) – A Coruña (22:24h): transbordo en Ourense.
  • 23 de febreiro
    • Avlo Vigo Urzaiz (5:59h) – Madrid Chamartín (10:34h): transbordo en Ourense.
    • Alvia A Coruña (8:12h) – Barcelona (21:35h): adiantará a súa saída ás 7:53h e realizará transbordo en Ourense.
AXUSTES NOS SERVIZOS DE MEDIA DISTANCIA E AVANT

O sábado 23 de febreiro, varios trens de Media Distancia veranse afectados, realizándose algúns percorridos integramente por estrada e outros con transbordos en distintos puntos do traxecto. Entre os servizos modificados están:

  • A Coruña (6:35h) – Ferrol (7:53h): desprazamento en autobús.
  • Ferrol (8:40h) – A Coruña (9:56h): desprazamento en autobús.
  • A Coruña (7:05h) – Ourense (10:49h): transbordo por estrada entre A Coruña e Rábade.
  • Monforte (7:30h) – A Coruña (10:13h): transbordo por estrada entre Rábade e A Coruña.
  • Avant Ourense (7:50h) – A Coruña (10:05h): con parada en Santiago arredor das 9:03h.

A intervención en Santiago inclúe a renovación da catenaria, o tendido de novo fío de contacto e a restitución da electrificación en varias vías. Estes traballos son incompatibles coa circulación de trens eléctricos, polo que se require o corte temporal da subministración eléctrica.

A nova estación de Santiago, cun orzamento de 46 millóns de euros, atópase en fase avanzada de construción. O edificio de viaxeiros, que xa conta coa estrutura metálica finalizada, terá 5.300 metros cadrados distribuídos en cinco niveis e estará conectado aos andéns mediante pasarelas accesibles cubertas.

Ademais, está en marcha a creación dunha nova praza da estación de 1.500 metros cadrados, xunto cunha ampliación da zona de aparcadoiro e un espazo específico para o transporte público e a subida e baixada de viaxeiros.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here