InicioSOCIEDADEAs obras de prolongación da AG-59 avanzan coa instalación das vigas do...

As obras de prolongación da AG-59 avanzan coa instalación das vigas do novo viaduto de Santa Lucía, en Teo

Esta autovía une Santiago coa Estrada

Publicado o

Xornal de Compostela

Xunta avanza na prolongación da autovía AG-59, que une Santiago e A Estrada, co izado das vigas do novo viaduto de Santa Lucía, en Teo. A previsión é terminar este ano este tramo que une A Ramallosa con Pontevea. Os traballos para instalar as doce vigas que soportarán o novo viaduto comezaron esta semana. Este venres instálase a quinta viga, coa previsión de ter todas colocadas a finais da próxima semana.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou este venres a actuación, onde remarcou que as obras deste tramo de autovía supoñen un investimento de máis de 33 millóns e permitirán habilitar 3,5 novos quilómetros O viaduto de Santa Lucía é unha das seis novas estruturas contempladas neste tramo de prolongación da AG-59, xunto con tres pasos inferiores e dous superiores. Tamén se proxectan ao longo do trazado variantes das estradas actuais e camiños de servizo.

Paralelamente, a Xunta xa ten en marcha a actuación da nova e última fase desta autovía, entre Pontevea e O Rolo, de 4 quilómetros. Conta cun investimento de máis de 30 millóns. O proxecto de trazado xa foi aprobado no Consello da Xunta e prevese licitar as obras para que se poidan iniciar este mesmo ano. Unha vez finalizados os 7,5 quilómetros da prolongación desta autovía, libre de peaxe, os tempos de viaxe entre Santiago de Compostela e A Estrada reduciranse a 10 minutos, ademais de mellorar a seguridade viaria, tras un investimento global de máis de 67 millóns. “Esta actuación da AG-59 facilitará a conexión e a vertebración territorial entre Santiago e a comarca de Tabeirós-Terra de Montes”, valora Allegue.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...