InicioECONOMÍAO prezo do autobús urbano de Santiago podería incrementarse nos próximos días

O prezo do autobús urbano de Santiago podería incrementarse nos próximos días

A incerteza política e a decisión pendente de Raxoi marcarán o futuro das tarifas subvencionadas

Publicado o

Xornal de Compostela

O prezo dos autobuses urbanos de Santiago podería sufrir un incremento nas próximas xornadas, logo de que o Congreso dos Deputados non aprobase o decreto ómnibus que incluía as axudas ao transporte público. Ata agora, as bonificacións permitían que os usuarios cun bono pagasen 30 céntimos por viaxe, pero a falta de respaldo político fará que nos próximos días se vexa incrementado nuns céntimos o prezo de cada viaxe.

IMPACTO DIRECTO NAS TARIFAS

O prezo estándar con bono é de 60 céntimos por viaxe, dos que o Goberno central asumía o 30% (18 céntimos) e o Concello de Santiago engadía outro 20% (12 céntimos). A retirada das bonificacións do Estado levará a que o custo do billete ata os 42 céntimos, aínda co mantemento da achega municipal.

Desde a Concellería de Mobilidade, dirixida por Xan Duro, explicaron que a decisión sobre as tarifas require aínda de avaliacións técnicas e económicas. Por agora, descoñécese se Raxoi aumentará a súa parte da bonificación ou se o prezo final se axustará de forma proporcional a longo prazo.

Segundo se indicou dende o Concello, intetarán actualizarse os prezos o antes posible, en canto por medios técnicos sexa posible, aínda que se prevé que se comece a facer antes do 1 de febreiro. Aquelas persoas, pola contra, que dispoñan do abono de autobús municipal seguirán pagando a 30 céntimos a súa viaxe até que este non caduque.

ESCENARIO POLÍTICO E POSIBLE SOLUCIÓN

O fracaso no Congreso do decreto ómnibus, que englobaba varias medidas como as bonificacións ao transporte e a revalorización das pensións, deixa a situación nun limbo político. O rexeitamento, liderado polo PP, Vox e Junts, xustificouse pola inclusión de disposicións alleas, como a devolución dunha sede histórica en París ao PNV.

Non obstante, tanto o PP como Junts anunciaron que estarían dispostos a apoiar un decreto específico que trate exclusivamente as bonificacións ao transporte e outros puntos relevantes. Se o Goberno central consegue sacar adiante esta medida, poderían restablecerse as condicións actuais das tarifas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here