InicioCULTURAOs sobreviventes dos pubs da movida compostelana

Os sobreviventes dos pubs da movida compostelana

Durante os anos 80 e 90, foron os estudantes os que crearon o famoso xotes universitario, enchendo locais que seguen abertos a día de hoxe

Publicado o

Xornal de Compostela

Compostela é coñecida como a cidade universitaria por excelencia. As súa rúas enchéronse, e seguen a facelo, cada xoves de centos de estudantes que saen para desfrutar da música, das conversas e da compañía dos amigos durante noites interminábeis. Esta tradición tén as súa raíces nas décadas dos 80 e 90, cando Santiago foi o epicentro dunha explosión cultural e nocturna chamada “a movida”. Durante aqueles anos, a cidade desenvolveu un carácter propio, con locais cheos de artistas, estudantes e veciños que se deixaban levar polo encanto da música en directo e da festa. Pero, que foi de todo ese ambiente? Qué locais sobreviven hoxe en día?

Na Zona Vella: memoria e resistencia

Na Zona Vella de Santiago, rúas como a Rúa do Franco, a Rúa de San Pedro ou a Rúa Nova eran escenarios principais daquela época dourada. Alí atopábanse locais míticos como O PatataO SótanoA Esquina ou O Cafetín, cada un cunha personalidade propia e unha clientela fiel que os convertía en centros de vida social e cultural.

Entre todos estes, algúns locais seguen a estar activos e forman parte do legado daquela época. O Modus Vivendi, por exemplo, mantén as súa portas abertas dende a súa inauguración no 1972. Non só é o pub máis antigo de Santiago, senón de toda Galicia, e segue a ser un punto de encontro para diferentes xeracións. Outro exemplo destacado é o Tarasca, un local que soubo reinventarse e onde os máis novos bailan ao ritmo de pop español ata altas horas da madrugada. A Casa das Crechas tamén destaca por seguir mantendo a súa venta aberta para atraer aos peregrinos ao son do folk galego.

Pub Tarasca – Xornal de Compostela

Na Zona Nova: a modernidade e a nostalxia

Na Zona Nova, as discotecas eran as protagonistas. Espazos como o Número KLa Bolera ou a discoteca do hotel Araguaney destacaban pola súa modernidade e capacidade para acoller a un gran público. Eran o destino predilecto para aqueles que buscaban unha experiencia nocturna diferente e máis sofisticada.

Con todo, algúns destes espazos conseguiron adaptarse aos tempos e seguen a formar parte da vida nocturna compostelá. A antiga Liberty, por exemplo, pasou a ser o Circus, tras unha etapa intermedia como Facultad. Outro caso é o de Apolo, que actualmente é Vanitas, un dos locais con máis éxito da cidade hoxe en día.

O que queda da movida

Daquela movida, hoxe en día non queda máis que algún vestixio nos locais que soportan os cambios e o paso dos anos. Mais, a festa e as noites de esmorga seguen a estar presentes cada semana polas rúas de Compostela.

E ti, recordas algún destes locais?

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here