InicioPOLÍTICAOs populares de Santiago reclaman solucións urxentes para o barrio do Castiñeiriño

Os populares de Santiago reclaman solucións urxentes para o barrio do Castiñeiriño

Olaya Otero denuncia inundacións, falta de limpeza e abandono nos terreos do Combarro tras as chuvias recentes

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Olaya Otero, denunciou este luns a situación de abandono que sofre a zona do Combarro, no barrio do Castiñeiriño, tras as chuvias dos últimos días. Segundo explicou, os veciños trasladaron novamente as súas queixas debido á anegación do paso inferior das vías do tren, que conecta o Casal co Combarro, e que quedou completamente intransitable.

Otero destacou que as inundacións neste paso son un problema frecuente, que impide a conexión entre ambas zonas e obriga os veciños a recorrer a outros itinerarios. Ademais, sinalou que o estado das fincas anexas aos terreos de ADIF, afectadas polas obras realizadas pola entidade, segue sendo impracticable.

“Dende o Partido Popular, reclamamos a reposición inmediata destes terreos ao seu estado anterior, tal como se comprometeu ADIF”, subliñou Otero, quen considera que o BNG, á fronte do goberno municipal, debe esixir accións inmediatas para solucionar esta problemática.

Outro dos puntos destacados pola concelleira foi o estado das rúas e gabias do barrio, onde se acumulan maleza, follas e residuos, dificultando a evacuación da auga e favorecendo a proliferación de insectos. “Advertimos xa en decembro de 2024 sobre a necesidade dunha limpeza urxente, pero a situación segue igual”, explicou.

A popular lamentou que a veciñanza se sinta “abandonada e impotente” ante a falta de resposta do goberno municipal liderado polo BNG. “As queixas trasladadas polos residentes quedan sen contestación, e o silencio administrativo parece ser a única resposta”, engadiu.

Para Otero, a actitude do executivo local é unha mostra de “desidia e pasividade”. Reclamou que o BNG escoite as demandas da cidadanía e adopte medidas para mellorar as condicións do barrio do Castiñeiriño.

“É imprescindible que o goberno local entenda que a súa prioridade debe ser ofrecer solucións reais e efectivas aos problemas da cidade”, concluíu.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here