InicioMOV. SOCIAISA Unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves no Polígono...

A Unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves no Polígono do Tambre

A Asociación Área Empresarial do Tambre anima á participación nesta campaña de ADOS, clave para manter a actividade asistencial

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) anunciou que o vindeiro xoves, 9 de xaneiro, a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará no Polígono do Tambre para realizar unha nova campaña de recollida de sangue.

O autobús de doazón situarase na entrada da explanada da Asociación, fronte á antiga fábrica de Donut. Os horarios para participar serán de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Para facilitar o acceso, a AAET destaca que as persoas que acudan en coche poderán estacionar comodamente na explanada próxima á unidade móbil.

Desde a organización sublíñase que o proceso de doazón é rápido, cunha duración aproximada de 15-20 minutos. Este xesto solidario é crucial para garantir o mantemento da actividade asistencial, incluíndo tratamentos médicos e intervencións cirúrxicas.

CHAMAMENTO Á SOLIDARIEDADE

A AAET fai un chamamento a empresarios, traballadores e persoas vinculadas ao polígono para colaborar nesta acción solidaria. ‘Levamos máis de 25 anos traballando con ADOS para facilitar estas campañas na nosa área empresarial. Este tipo de iniciativas son esenciais para a sociedade e dependen da colaboración de todos’, afirmou un representante da Asociación.

A campaña, como en anteriores ocasións, busca sensibilizar sobre a importancia da doazón de sangue, un recurso imprescindible para a saúde pública.

ÚLTIMAS

O Pleno aborda a seguridade na cidade entre chamadas ao pacto, avisos contra o alarmismo e reclamacións de máis medios

O Pleno municipal de Santiago aprobou este xoves unha proposta dos concelleiros non adscritos...

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

As traballadoras da limpeza de Lacera volven á folga este martes nos colexios en Santiago

As traballadoras de limpeza e conserxería dos colexios públicos de Santiago de Compostela, servizo...

O persoal de Viaqua mobilízase en catro concellos galegos ante o “bloqueo” do convenio

O conflito laboral esténdese polos servizos de xestión de auga en Galicia. O cadro...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here