InicioCULTURA'A Romería' chega á Capitol cun Rodrigo Cuevas máis carismático que nunca.

‘A Romería’ chega á Capitol cun Rodrigo Cuevas máis carismático que nunca.

A capitol fai sold out nas dúas datas para ver ao cantante asturiano

Publicado o

Por David Marante Manteiga

Rodrigo Cuevas, cantante, músico e compositor, chega coa súa xira A Romería a Santiago de Compostela. O asturiano conta xa con dous albumes de longa duración: Manual de Cortejo e Manual de Romería, ademais de numerosos singles e colaboracións con artistas como Rozalén, ILE, Baiuca ou as máis recentes Caamaño e Ameixeiras. A súa mestura entre sons tradicionais e electrónicos cargados de mensaxes reivindicativos, son a base do recoñecemento que leva cultivando estes últimos anos, constituíndoo como unha figura fundamental do panorama musical actual.

A entrada ao concerto foi do cantante rodeado das persoas asistentes, bailándolles e cantándolles, un dos numerosos momentos nos que decidiu rodearse do público, chegando a pedir nunha das ocasións un striptease grupal, quitando chaquetas e roupa sobrante, para tiralas ao seu paso entre os e as asistentes.

Como xa é propio do seu estilo, as mensaxes reivindicativas non se quedan só nas cancións, senón que tamén crean un discurso e narrativa que o artista utiliza entre os descansos. Un dos casos foi no momento de explicar o que é unha Romería, “un lugar no que nos damos conta do boa que é a xente que nos rodea, as nosas amigas e familia, da importancia da natureza e tamén da liberdade”.

Unido á importancia dos espazos naturais, non puido evitar as críticas á macrocelulosa planeada para construír en Galicia a mans de Altri, dicindo que debemos protexer a nosa terra e non debemos deixar que os recursos sexan sobreexplotados. Tamén tivo comentarios arredor da liberdade. Así, Rodrigo comenta como é algo que debemos de utilizar, que non debemos dar por sentado, xa que no momento menos pensado sen que nos deamos de conta alguén nos pode quitar.

Rodeado a estes intres de dar voz a situacións sociais, non só se viviron momentos de empoderamento, senón que tamén houbo espazo para render homenaxes. Foi co seu tema Rambalín, dedicado a Alberto Alonso Blanco, unha persoa homosexual asasinada no 74, canción que busca facer xustiza e tamén conectar coa realidade das persoas que viven no desprezo dos demais, co que máis de un acabou entre bágoas.

Tampouco puido faltar o momento no que recordou a época na que viviu en Galicia, pasando na capital un ano e en pequenas aldeas o restante, sendo a máis importante na súa carreira a localidade pontevedresa da Lama, onde coñeceu a dúas mulleres que lle ensinaron “moitas das cousas que a día de hoxe sabe”, sendo este o punto no que se inicia no mundo tradicional.

Precisamente, moi ligadas ao mundo tradicional galego son as protagonistas da nova colaboración do cantante, Caamaño&Ameixeiras, que se subiron con el ao escenario para interpretar ‘Catro cousas’, o tema que sacaron xuntos o pasado 12 de decembro.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here