InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNO CPI Antonio Orza Couto renova as súas instalacións cunha rehabilitación integral

O CPI Antonio Orza Couto renova as súas instalacións cunha rehabilitación integral

Un investimento de máis de 800.000 euros permite mellorar a eficiencia enerxética e o confort escolar en Boqueixón

Publicado o

Xornal de Compostela

O CPI Antonio Orza Couto de Boqueixón culminou un importante proceso de rehabilitación integral que supuxo un investimento de máis de 800.000 euros por parte da Xunta de Galicia. O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, visitaron este luns as renovadas instalacións, acompañados pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e outros representantes municipais e educativos.

O alcalde Ovidio Rodeiro destacou que este proxecto supón “o maior investimento realizado no CPI Antonio Orza Couto nos seus máis de 50 anos de historia”. Construído en 1970, o centro conta agora con melloras significativas que foron ben recibidas pola comunidade educativa, tal e como os propios estudantes transmitiron durante o último pleno infantil. Rodeiro aproveitou a visita para presentar proxectos municipais dirixidos a mellorar a mobilidade na contorna do centro, beneficiando tamén ás instalacións deportivas e sanitarias próximas.

Román Rodríguez enmarcou a actuación dentro do Plan de nova arquitectura pedagóxica da Xunta, que impulsa a modernización e sustentabilidade medioambiental nos centros educativos galegos. “Estamos a renovar cubertas, illar fachadas e instalar novas fiestras e luminarias, garantindo maior eficiencia enerxética e confort para a comunidade escolar”, explicou o conselleiro.

DETALLES DA REHABILITACIÓN

No CPI Antonio Orza Couto realizáronse melloras como o illamento térmico das fachadas e renovación dos falsos teitos, instalación de luminarias LED e tarefas de pintura en Infantil e Primaria, a substitución da cuberta de tella orixinal por unha de panel sandwich no edificio de Primaria, cambios nas fiestras e melloras nos canos do comedor escolar e a creación dun acceso cuberto ao edificio de Infantil mediante unha pérgola metálica, que facilita o acceso en días de chuvia.

Estas medidas permitirán un aforro enerxético do 50% no edificio de Primaria e do 34% no de Infantil, reducindo o consumo enerxético e as emisións de CO2.

Esta intervención súmase a outras realizadas pola Xunta nos últimos anos. En 2019 investíronse 48.000 euros no cambio da cuberta, e en 2016 destinaron 60.000 euros á substitución de fiestras, canalóns e baixantes para evitar humidades.

ÚLTIMAS

Santiago multiplica por sete a achega a AGADEA e destina 21.150 euros a programas para maiores

O Concello de Santiago incrementará este ano ata os 21.150 euros a subvención nominativa...

O PSOE reclama ao Goberno de Santiago que convoque xa as axudas de 2026 ás asociacións veciñais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que convoque de maneira...

O PP culpa o goberno local dos problemas cos fluxos turísticos e reclama medidas antes do Xacobeo 2027

O concelleiro do Partido Popular Adrián Villa responsabilizou o goberno municipal do BNG das...

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

Boqueixón completa antes de agosto a roza de máis de 250 quilómetros de pistas municipais

O Concello de Boqueixón deu por rematada antes do inicio de agosto a limpeza...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here