InicioPOLÍTICABorja Verea insta ao BNG a xestionar a taxa turística e critica...

Borja Verea insta ao BNG a xestionar a taxa turística e critica a súa actitude

O líder popular compostelán acusa á alcaldesa de priorizar os intereses do partido sobre os da cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, criticou este luns a postura do BNG e da alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, respecto á implementación da taxa turística. Verea acusou aos nacionalistas de empregar a taxa como “arma política” e afirmou que a súa xestión depende agora exclusivamente do goberno municipal.

Verea subliñou que o Partido Popular xa completou o seu labor permitindo que a taxa poida aplicarse a partir do 1 de xaneiro. “Está demostrado que hai unha política útil para Santiago, e esa é a do Partido Popular”, declarou, engadindo que o BNG “parece máis preocupado en buscar escusas e crear conflitos que en xestionar os temas importantes para a cidade”.

O portavoz popular cualificou de “lamentable” a actitude de Sanmartín, á que acusou de actuar como “hooligan do BNG” en lugar de como “a primeira representante pública de Santiago”. Verea asegurou que a alcaldesa “antepón os intereses do partido nacionalista aos dos composteláns” e criticou a falta de coherencia do BNG respecto aos acordos alcanzados coa Xunta sobre a taxa.

Verea afirmou que o BNG debería centrarse en implementar a taxa turística e abandonar o que denominou como “marear a perdiz”. O líder popular lamentou que, a pesar de defender publicamente a necesidade da taxa, os nacionalistas parecen dubidar na súa xestión. “¿Querían unha taxa turística pero agora non queren xestionala? ¿Que broma é esta?”, preguntouse.

Para concluír, instou ao goberno local a “poñerse a traballar dunha vez polo ben da cidade” e deixarse de “escusas e enfrontamentos políticos”. Ademais, ofreceu que, no caso de que o BNG non se vexa capaz de xestionar a medida, deixe a súa implementación en mans do Partido Popular. “Que paren xa de facer o ridículo e actúen con seriedade polo ben dos composteláns”, salientou.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here