InicioSANTIAGOMasterclass do Pulitzer de fotografía Emilio Morenatti en Santiago para alumnso de...

Masterclass do Pulitzer de fotografía Emilio Morenatti en Santiago para alumnso de Ensinanzas Artísticas e de Formación Profesional

Publicado o

Xornal de Compostela

O fotoperiodista premio Pulitzer Emilio Morenatti impartirá unha ‘materclass’ ante uns 700 alumnos de Ensinanzas Artísticas e de Formación Profesional, unha cita que terá lugar en Santiago este mércores, 11 de decembro.

Esta charla celebrarase con motivo do I encontro de Ensinanzas do sector da imaxe de Galicia, Enfócate, que se celebrará en Compostela impulsado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

O evento busca dar visibilidade aos programas educativos relacionados co sector audiovisual, imaxe e son, así como compartir formación específica a través de recoñecidas figuras deste ámbito: videógrafos, fotoperiodistas, fotógrafos e blogueros.

Haberá talleres e clases maxistrais de representantes de firmas recoñecidas como Sony, Canon España, Godox Expaña ou Fufijfilm Europe, entre outras. Ademais de Emilio Morenatti, haberá conferencias de Antonio Garci, Carlos Quezada, Dani Díaz, Manuel San Froitos, Mara Saiz, Paco Rocha, Santi Veiga e Tony Martín.

A este encontro asistirán alumnos e profesores dos centros integrados de Formación Profesional CIFP Imaxe e Son (A Coruña), CIFP Audiovisual de Vigo, CIFP A Farixa (Ourense), os Institutos IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela), IES Saturnino Montojo (Ferrol) e IES Virxe do Mar (Noia) e o catro escolas de arte e superiores de deseño en Galicia: EASD Pablo Picaso (A Coruña), EASD Mestro Mateo (Santiago de Compostela), EASD Ramón Falcón (Lugo) e EASD Antonio Faílde (Ourense)

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here